Xornada sobre Envellecemento Activo (Muros, 17 de febreiro de 2017)

A nivel estatal realizaránse 14 acciós de sensibilización en 13 Comunidades Autónomas
Fademur Galicia organiza no concello de Muros unha xornada para fomentar o envellecemento activo no medio rural.

Fademur Galicia participa no programa desenvuelto pola Federación de Asociaciones de Mujeres Rurales (Fademur) que organiza en 13 Comunidades Autónomas, catorce xornadas de sensibilización sobre “Envejecimiento activo” dirixidas á poboación do medio rural.
Uno dos retos máis importantes que afrontan hoxe as Administraciones é o de deseñar e implementar políticas de envellecemento activo. O aumento da supervivencia da poboación ofrece novas oportunidades asociadas coa participación activa das xeracións maiores. A idade deixou de ser o instrumento exclusivo para determinar a saída do mercado laboral. Ademáis, a participación activa da poboación maior abre novos mercados de bens e servizos para clientes de máis idade.


As Xornadas de sensibilización que pon en marcha FADEMUR versarán sobre distintos temas de interese relacionados co envellecemento activo e saudable, os servizos sociais, a dependencia, o coidado de coidadores, a alimentación saudable, talleres de memoria; e poderán participar todas aquelas persoas interesadas na temática, así como profesionais dos servizos sociais, administracións e asociacións.


Estas accións desenvolveranse ademáis nas comunidades de: Andalucía, Asturias, Cantabria, Castilla la Mancha, Castilla y León, Aragón, La Rioja, Comunidad Valenciana, Extremadura, Región de Murcia, Comunidad de Madrid, e Islas Baleares.


O obxectivo das acciones, é proporcionar orientación e apoio para avanzar na implantación dun proceso de envellecemento activo, saudable, acorde coas expectativas das persoas, sobre todo no medio rural.


Fademur – GALICIA organiza esta xornada o próximo día 17 no centro socio cultural de Sorribos- Abelleira no concello de Muros onde falaremos sobre a planificación dunha horta sustentable e o importante que é unha alimentación saudable, baseada nunha agricultura saudable para ter mellor calidade de vida e chegar en mellores condicións á nosa vellez.
Para a presidenta da FADEMUR – GALICIA, Rosa Arcos, “sendo Galicia unha das rexións máis envellecidas do estado, onde as mulleres teñen unhas expectativas de vida máis longa e, especialmente as que viven no medio rural, é preciso dotarnos de ferramentas que nos axuden a mellorar a calidade de vida dos nosos maiores, fomentando actividades que teñan unha conexión real co seu xeito de vida tradicional pero que o mesmo tempo as axuden a manter activas e nas mellores condicións posibles para a súa vellez. Para elo hai que levar estas actividades aos pequenos núcleos rurais e propiciar que a participación nelas, especialmente a das mulleres”.


Estas actividades de sensibilización enmárcanse dentro del proxecto de Fademur “COOPERATIVAS RURALES DE SERVICIOS DE PROXIMIDAD, UN MODELO DE ITINERARIO DE INSERCIÓN SOCIOLABORAL PARA EL MEDIO RURAL 2015-2016” que se está implementando con éxito en quince Comunidades Autónomas y que ten como obxecto tanto a formación integral de mulleres o medio rural en certificados de profesionalidade, como o seu emprego directo, dada a alta porcentaxe de persoas maiores e dependentes que hai nos municipios rurais. Este programa está subvencionado polo Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad

Publicacións creadas 123

Artigos relacionados

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio