Son de Campo. Mulleres Rurais de Galicia

Accións específicas de apoio á visibilización, dos produtos agroalimentarios e artesáns feitos por mulleres no medio rural.

FADEMUR Galicia impulsa de xeito decidido o emprendemento en feminino no medio rural, apoiando todas aquelas iniciativas de autoemprego, pequenas empresas familiares ou cooperativas como fórmulas de crear dinamismo e riqueza no noso medio rural.

Especialmente Impulsamos proxectos de comercialización de produtos agrarios, agroalimentarios, e de artesanía elaborados por mulleres, a través da “marca” Son de Campo.

Son de Campo, non pretende substituír nin agochar ás mulleres produtoras e artesáns, senón ser un espazo común no que converxer, apostar pola colaboración, creando sinerxias que axuden á dar a coñecer os produtos e buscar espazos para a súa comercialización conxunta.

Búscanos a nosa web

Buscanos en Facebook

Búscanos en twitter

Publicacións creadas 88

Artigos relacionados

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio