Fademur-Galicia colaborará con FEGADACE na prevención e divulgación do dano cerebral

Fademur-Galicia colaborará coa Federación Galega de Dano Cerebral FEGADACE na concienciación, prevención e tratamento do dano cerebral adquirido. Ese é o obxectivo do convenio de colaboración que ambas federacións veñen de asinar; e que se traducirá en obradoiros que levarán a formación sobre esta doenza ao rural galego.

En Galicia hai 35.000 persoas con dano cerebral adquirido; unha discapacidade física, psíquica e/ou sensorial provocada por unha ferida ou lesión no cerebro, na maioría dos casos a consecuencia dun ictus, un traumatismo craneoencefálico ou anoxia cerebral que tamén pode ter moito que ver co avellentamento ou cos hábitos de vida. Así, os talleres que se impulsarán ao abeiro deste acordo centraranse na información, concienciación e formación para abordar desde as causas do dano cerebral adquirido e factores de risco a medidas de prevención, signos e síntomas de alarma ou pautas de actuación. Ademais, incidirase na importancia  dos coidados no ámbito comunitario e familiar, así como nos dereitos das persoas con dano cerebral adquirido e as súas familias. E porase o foco na divulgación dos recursos de atención socio-sanitarios dispoñibles no ámbito da Comunidade Autónoma.

Publicacións creadas 123

Artigos relacionados

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio