As maiores da Costa da Morte comezan o curso cunha xornada de FADEMUR sobre o envellecemento activo no medio rural.

A Federación de Mulleres Rurais de Galicia (FADEMUR Galicia) organiza xunto á Asociación de Mulleres Rurais Os Horreos un curso para a mellora das capacidades cognitivas, a comprensión oral e escrita e a realfabetización de maiores dirixido á poboación do medio rural.
Este curso, destinado a persoas maiores de 65 anos estase a impartir en Muros (A Coruña) e está enmarcado no programa REDMUR cuxos fins son o envellecemento activo, favorecer a incorporación das mulleres, neste caso, do ámbito rural de Galicia, ao mercado de traballo, impulsando a incorporación, permanencia e promoción das mulleres no mercado laboral, así como promover o espírito emprendedor e a actividade empresarial, especialmente das que se atopen en especiais dificultades de acceso ao mercado de traballo e das que se atopen en situacións ou en risco de exclusión social.
En Galicia hai 666 000 maiores de 65 anos, sendo un 67% mulleres cun grao moi alto de casos que viven en soidade ou en pequenos núcleos do medio rural.
O fin do curso é promover unha vellez activa e dotar de seguridade e confianza as mulleres maiores do ámbito rural.



