redmur 2016-2017

Fademur Galicia continúa traballando en programas dirixidos á inserción sociolaboral das mulleres do ámbito rural, impulsando a súa incorporación e mantemento no mercado laboral a través de formación en novos nichos de emprego e no autoemprego.

A nosa vocación nestre proxecto é dotar de ferramentas efectivas para mellorar a formación, a empregabilidade das propias mulleres, o desenvolvmento sostible e a calidade de vida da poboación rural en xeral e das mullleres en particular.

Imos a incidir, unha vez máis, en que nos atopamos nun entorno rural caracterizado polo despoboamento, envellecemento da poboación, masculinización, dispersión xeográfica, e elevada taxa de paro femininia, entre outros rasgos.

A través deste proxecto preténdese favorecer a incorporación das mulleres, neste caso, no ámbito rural, ao mercado de traballo, impulsando a formación, incorporación, permanencia e promoción das mulleres no mercado laboral, así como promover o espíritu emprendedor e a actividade empresarial das mulleres, especialmente das que están en especiais dificultades de acceso ó mercado de traballo e das que se atopan en situación ou en risco de exclusión social.

Nesta ocasión eliximos o concello de Trabada (Lugo) para levar a cabo esta actividade. Non obstante, os recursos “on line” de formación están dispoñibles para calquera persoa interesada, se é o teu caso, aquí vos deixamos o enlace:

Acceder a los cursos

Publicacións creadas 90

Artigos relacionados

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio