Silvina Muñoz, emprendedora afincada en Camariñas impulsora da marca de doces artesanais Algareira, é unha das premiadas nesta edición de Ruraltivity. A artesá ven de recibir unha das bolsas de apoio ao emprendemento impulsadas por Fademur e Pepsico; un galardón dotado con 5.000 euros que lle permitirá seguir impulsando o seu negocio e proxectándoo […]
Unha vintena de mulleres rurais galegas participan hoxe no encontro anual Ruraltivity
O emprendemento rural feminino participa este mércores no V Encontro Ruraltivity; iniciativa impulsada por Fademur a nivel estatal que nesta edición congrega en Madrid 300 emprendedoras rurais chegadas de distintos puntos do territorio español. Nesta edición de Ruraltivity encárganse de representar a Galicia: -Maricarmen Fernández Hermida, de Licores Os Maios -Yolanda Delgado Almuíña, de […]
FADEMUR FOMENTA O EMPRENDEMENTO COMO OPCIÓN LABORAL PARA AS MULLERES RURAIS
A Federación impartiu en Rodeiro un taller enmarcado no programa de ámbito estatal Ruraltivity 3 de xuño de 2022 – Fademur continúa fomentando o emprendemento e apoiando ás mulleres rurais que optan por esta vía. Fíxoo en Rodeiro este xoves pola tarde, onde a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais impartiu un taller presencial sobre […]
Fademur-Galicia condena a brutal agresión machista a unha muller de Carballo
Insta ás administracións a redobrar esforzos na prevención e na loita contra a violencia de xénero Santiago, 30 de maio de 2022- Fademur-Galicia condena a brutal agresión acontecida esta madrugada en Carballo e insta ás administracións a reforzar as ferramentas e recursos dispoñibles na prevención e a loita contra as violencia machista. A federación fai […]
Fademur-Galicia condena a negativa do PPdeG a que a Xunta impulse a normativa precisa para que os letrados condenados por violencia machista sexan apartados da quenda de oficio especializada
Santiago, 5 de maio de 2022- Fademur lamenta a oposición do PPdeG á posibilidade de que a Xunta de Galicia impulse a normativa precisa para que os avogados condenados por violencia machista non poidan acceder á defensa de mulleres vítimas dende a quenda de oficio especializada neste tipo de delitos. A Federación de Asociacións de […]
Fademur-Galicia colaborará con FEGADACE na prevención e divulgación do dano cerebral
Fademur-Galicia colaborará coa Federación Galega de Dano Cerebral FEGADACE na concienciación, prevención e tratamento do dano cerebral adquirido. Ese é o obxectivo do convenio de colaboración que ambas federacións veñen de asinar; e que se traducirá en obradoiros que levarán a formación sobre esta doenza ao rural galego. En Galicia hai 35.000 persoas con dano […]
O Ministerio acepta a petición de Fademur-Galicia para que os letrados condenados por violencia machista sexan apartados da quenda de oficio especializada
A petición de Fademur-Galicia para que os avogados condenados por violencia machista sexan apartados da quenda de oficio especializada neste tipo de delitos ven de recibir o respaldo do Ministerio de Xustiza; que acepta a recomendación remitida polo Defensor del Pueblo que previamente respaldara xa a Valedora do Pobo. A Federación de Asociacións de Mulleres […]
Fademur-Galicia denuncia a fenda de xénero que aínda pervive no sector agrogandeiro
Demanda unha implicación decidida das administración para impulsar medidas efectivas para o pulo dun rural en igualdade Santiago, 8 de marzo de 2022- A Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia fai un chamamento para que Concellos, Comunidade Autónoma e Goberno central opten pola discriminación positiva en todas as políticas e iniciativas de […]
300 mulleres rurais toman Lugo cunha reivindicación: continuar coa súa contribución social sen ter que abandonar os seus pobos
Fademur-Galicia organizou este xoves a Xornada A Forza das Mulleres Rurais. O obxectivo: poner en valor ante a sociedade e as numerosas personalidades presentes os beneficios medioambientais da súa labor e os impedimentos aos que se enfrontan diariamente para seguir vivindo nos seus pobos 24 de febreiro de 2022. “As iniciativas máis disruptoras e modernas […]
Fademur-Galicia celebra en Lugo A Forza das Mulleres Rurais
Emprendedoras, influencers, cineastas, gandeiras ou poetas participarán nas dúas mesas redondas incluídas no programa Mércores, 22 de febreiro de 2022 – Arredor de trescentas mulleres congregaranse este xoves no Museo Interactivo da Historia de Lugo para participar na Xornada A Forza das Mulleres Rurais, coorganizada por Fademur-Galicia e a Deputación de Lugo coa colaboración do […]