400 mulleres rurais celebran en Santa Comba o seu día da man de FADEMUR

O acto deste ano puxo o foco no papel do colectivo no eido deportivo     Santa Comba, 21 de outubro de 2023- Arredor de 400 mulleres congregáronse este sábado en Santa Comba para celebrar o Día Internacional das Mulleres Rurais da man de FADEMUR Galicia. Un ano máis, a Federación de Asociacións de Mulleres […]

Mulleres rurais e do mar solicitan a colaboración dos grupos parlamentarios para impulsar ferramentas que atendan as necesidades de ambos colectivos

FADEMUR Galicia e Mulleres Salgadas reuníronse esta mañá cos representantes de PSdeG e BNG na Cámara galega Santiago, 20 de xuño de 2023– FADEMUR Galicia e Mulleres Salgadas reuníronse este martes cos grupos parlamentarios de PSdeG e BNG para solicitar o seu apoio ás demandas e necesidades específicas das mulleres rurais e do mar. Dous […]

Fademur-Galicia insta á Xunta a publicar sen demora o listado de beneficiarias das axudas para promoción do asociacionismo e a participación das mulleres

A dous días de que remate o prazo de xustificación as asociación descoñecen se lles foron concedidas e a contía das mesmas   Santiago, 13 de outubro de 2022- Fademur-Galicia insta á Xunta de Galicia a actuar con premura e dilixencia para garantir a solvencia e a continuidade das actividades desenvolvidas polas asociación de mulleres […]

O Consello de Ministros aproba a petición de Fademur-Galicia para que os letrados condenados por violencia machista non poidan representar de oficio a mulleres vítimas

Santiago, 20 de xullo de 2022- A petición de Fademur-Galicia para que os avogados condenados por violencia machista sexan apartados da quenda de oficio especializada neste tipo de delitos ven de recibir o respaldo do Consello de Ministros. O goberno central aprobou este martes o Real Decreto polo que se modifica o Regulamento de Asistencia […]

FADEMUR PRESENTA EN CALDAS DE REIS A LANZADEIRA DE EMPRENDEDORAS RURAIS RURALTIVITY

A Federación de Asociacións de Mulleres Rurais (FADEMUR) presentou este xoves en Caldas Ruraltivity; un programa de apoio ao emprendemento destinado a promover a posta en marcha de novos proxectos en contornas rurais.   Arredor dunha vintena de mulleres asistiron á presentación de Ruraltivity en Carracedo. Unha xornada importida pola técnica responsable do programa en […]

FADEMUR FOMENTA O EMPRENDEMENTO COMO OPCIÓN LABORAL PARA AS MULLERES RURAIS

A Federación impartiu en Rodeiro un taller enmarcado no programa de ámbito estatal Ruraltivity 3 de xuño de 2022 – Fademur continúa fomentando o emprendemento e apoiando ás mulleres rurais que optan por esta vía. Fíxoo en Rodeiro este xoves pola tarde, onde a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais impartiu un taller presencial sobre […]

Fademur-Galicia condena a brutal agresión machista a unha muller de Carballo

Insta ás administracións a redobrar esforzos na prevención e na loita contra a violencia de xénero Santiago, 30 de maio de 2022- Fademur-Galicia condena a brutal agresión acontecida esta madrugada en Carballo e insta ás administracións a reforzar as ferramentas e recursos dispoñibles na prevención e a loita contra as violencia machista. A federación fai […]

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio