Autocoñecemento e Autocoidados

FADEMUR Galicia, preséntavos este caderno de autocoñecemento e autocoidados, realizado grazas a subvención para o fomento de programa e actividades en prol da igualdade efectiva entre homes e mulleres, e de prevención e loita contra as violencias machistas, concedida polo Concello de Santiago de Compostela na convocatoria 2020.

Os obxectivo xeral é promover o  empoderamento e autoestima entre as mulleres do noso rural,  para axudar prevención da violencia de xénero:

    • Fomentar o empoderamento das mulleres.
    • Promover o autocoñecemento e os autocoidados
    • Mellorar o benestar persoal e o sentimento de autovalía
    • Identificar os malestares persoais e sociais
    • Favorecer as relacións sas
    • Inspirar prácticas saudables e as redes de apoio

De xeito máis específico queremos contribuír a :

  • Reflexionar sobre a propia vida e os recursos persoais
  • Identificar as mensaxes autocríticas e limitantes e formular autoinstrucións positivas
  • Introducir a práctica de mindfulness e relaxación na vida diaria
  • Reflexionar sobre a socialización de xénero
  • Identificar os mandatos de xénero e a influencia na vida diaria e na relación cos demais
  • Detectar os mitos do amor romántico e a súa implicación nas relación e a autoestima
  • Favorecer a realización de prácticas de autocoidados
  • Mellorar a asertividade e a expresión propia
  • Fomentar prácticas saudables de alimentación, descanso e exercicio físico.
  • Reflexionar sobre a dependencia emocional e as súas consecuencias.
  • Promover a independencia persoal e o desapego.
  • Impulsar a autoregulación emocional, aceptación e autocompaixón

Podes obter aquí o Caderno de autocoñecemento e autocoidados

 

Publicacións creadas 123

Artigos relacionados

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio