FADEMUR FOMENTA O EMPRENDEMENTO COMO OPCIÓN LABORAL PARA AS MULLERES RURAIS

A Federación impartiu en Rodeiro un taller enmarcado no programa de ámbito estatal Ruraltivity

3 de xuño de 2022 – Fademur continúa fomentando o emprendemento e apoiando ás mulleres rurais que optan por esta vía. Fíxoo en Rodeiro este xoves pola tarde, onde a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais impartiu un taller presencial sobre “Emprendemento e Competencias Laborales” ao que asistiron arredor dunha vintena de mulleres da comarca do Deza.

A Responsable Técnica do programa Ruraltivity en Galicia, Tania Blanco, foi a encargada dunha sesión na que se fixoo fincapé no fomento do emprendemento e as posibilidades que o autoemprego ofrece ás mujeres que residen no ámbito rural, así como tamén para as personas en risco de exclusión social.

A campaña de difusión do autoemprego e o emprendemento dentro da que se enmarca esta sesión formativa pretende ofrecer orientación ás futuras emprendedoras, aportándolles diferentes pautas en competencias laborais que axuden favorablemente ao desenvolvemento dos posibles proxectos de negocio e mellorar a súa traxectoria profesional ao longo da súa vida laboral.

Ruraltivity constitúe un pilar fundamental para o apoio ao emprendemento nas zonas rurais de todo o territorio estatal no que se aportan as ferramentas necesarias de formación; orientación e asesoramento, fomentando así a loita por manter a esencia viva dos pobos e evitar na medida do posible o despoboamento.

Ruraltivity, lanzadeira de emprendedoras rurais de FADEMUR, é un programa financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 así como tamén pola Fundación PepsiCo; que  potencia a través de Ruraltivity iniciativas de autoemprego enfatizando no emprendemento feminino.

Publicacións creadas 105

Artigos relacionados

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio