FADEMUR APOIA AS FAMILIAS DO INCIO QUE SE MOBILIZAN CONTRA DOS RECORTES ANUNCIADOS NO PROFESORADO

Lugo, 18 de xullo de 2023.- A Federación de Mulleres Rurais de Galicia, FADEMUR, súmase á concentración de protesta contra os recortes de profesorado que os pais e nais do concello do Incio teñen previsto realizar o xoves 20 de xullo as 11:30 diante do Edificio Multiusos da Xunta de Galicia en Lugo. Unha mobilización coa que a comunidade educativa quere poñer de manifesto a discriminación e o desmantelamento que sofren os servizos públicos no rural por parte do Goberno galego. Neste caso deixando practicamente sen especialistas en pedagoxía terapéutica o centro escolar Ricardo Gasset, no que de cara ao curso que ven incrementarase o alumnado con necesidades especiais.

 

FADEMUR Galicia quere poñerse de manifesto que a loita contra a desertización demográfica que padecen as aldeas e vilas pasa por activar políticas e medidas para o desenvolvemento rural que xeren emprego estable e de calidade. Pero tamén por mellorar os servizos e equipamentos básicos como a educación, a sanidade, a dependencia ou os transportes no medio rural.

 

Nese senso, a organización lembra que o medio rural precisa dunha discriminación positiva para aplicar un plan educativo específico que garanta a equidade da calidade do ensino respecto das cidades. E destaca que os centros ubicados no rural non se poden rexer polos mesmos parámetros á hora da dotación de recursos que aqueles que contan cun número maior de unidades.

Publicacións creadas 123

Artigos relacionados

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio