300 mulleres rurais toman Lugo cunha reivindicación: continuar coa súa contribución social sen ter que abandonar os seus pobos

Fademur-Galicia organizou este xoves a Xornada A Forza das Mulleres Rurais. O obxectivo: poner en valor ante a sociedade e as numerosas personalidades presentes os beneficios medioambientais da súa labor e os impedimentos aos que se enfrontan diariamente para seguir vivindo nos seus pobos

24 de febreiro de 2022. “As iniciativas máis disruptoras e modernas do país acontecen no medio rural e, normalmente, están encabezadas por una muller”. E é que o 53% dos proxectos de emprendemento impulsados no medio rural teñen una muller á fronte; polo que non é de estranar que esta sexa a afirmación coa que esta mañá arrincou no Museo Interactivo da Historia de Lugo o encontro organizado pola Federación de Asociacións de Mulleres Rurais (FADEMUR).

“Todas talentosas, de quilómeetro 0, comprometidas co rural y o feminismo, autóctonas e resilientes para enfrontarse, desde os seus pobos, á ausencia ou precariedade de servizos que afectan ás súas vidas diarias en cuestións básicas como o acceso á educación, á sanidade ou á participación na toma de decisións”, explicou Teresa López, presidenta de FADEMUR.

Trala inauguración, na que participou a vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, as propias mulleres tomaron a palabra.

A primeira mesa de debate estivo composta por produtoras agroalimentarias. A gandeira e influencer forestal Laura Vallejo Castro, de Cabana, en Meira; a productora de embutidos Mª Carmen Sánchez Iravedra, de Navia de Suarna; a tecedora, historiadora do arte y xestora cultural Miriam Fernández Otero, de Vilalba; a gandeira e impulsora do Festival Agrocuir Marta Álvarez Quintero, de Monterroso; e a gandeira, bióloga e divulgadora Ana Mª Corredoira Vázquez, de A Cernada, en Palas de Rei, coincidiron, porén, en que co seu labor aportan ao medio rural e á sociedade no seu conxunto moito máis que alimentos: amosan e manteñen a vida nos súas aldeas e vilas, recuperan productos, crean emprego e xeran actividade socioeconómica.

A escasa rendabilidade do sector agrogandeiro foi o telón de fondo do debate mantido por estas ponentes. Un asunto ao que tamén fixo referencia o secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, na súa intervención; na que lembrou que “o 75% dos agricultores e gandeiros, das agricultores e gandeiras de Galicia non chegan ao salario mínimo interprofesional”.

Verónica Marcos, presidenta de FADEMUR Galicia, apuntou tamén os otros retos aos que se enfrentan as emprendedoras rurais. “No medio rural faltan moitas cousas: servizos de proximidade, escolas, centro de saúde, conciliación, atención a maiores ou conexións de calidade. Pero sobran talento, forza e ideas emprendedoras capaces de fixar poboación, crear emprego e vida. E todas as mulleres que estades hoxe aquí sodes proba delo”, sinalou.

Alianzas para cambiar o rural

A xornada continuou cunha segunda mesa redonda, “Alianzas para cambiar o relato. Realidade e imaxe”. Nela participaron Olga Novo, Premio Nacional de Poesía; Dani de la Torre, director, realizador e guionista de cine; Oliver Laxe, director, guionista e actor de cine; Francesc Boya Alós, secretario xeral para o Reto Demográfico do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico; y María José Gálvez Salvador, directora xeral do Libro e Fomento da Lectura do Ministerio de Cultura e Deporte.

Durante a clausura, a conselleira de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, María Jesús Lorenzana, e a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, loubaron a colaboración de FADEMUR Galicia no pulo ao Estatuto da Muller Rural e do Mar que moi pronto verá a luz.

Encontro da vicepresidenta terceira con emprendedoras

Antes do inicio da xornada, algunhas das emprendedoras galegas asistentes participaron nun encontro coa vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera. Á que explicaron os detalles dos seus proxectos e os seus particulares aportes ao tecido socioeconómico e á vida do rural galego.

Esta xornada estivo coorganizada por FADEMUR Galicia e a Deputación de Lugo coa colaboración do Concello de Lugo.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Publicacións creadas 102

Artigos relacionados

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio