A cosmética e as marmeladas de Nela recoñecidas cunha das becas Pepsico no VI Encontro Ruraltivity

A firma de San Cristovo de Cea poderá seguir medrando grazas ao apoio deste galardón

 

Santiago, 14 de xuño de 2023-  A firma ourensá Nela ten sido recoñecida cunha das bolsas PepsiCo entregadas na sexta edición do Encontro de Emprendedoras Ruraltivity. O emprendemento impulsado por Silvia Garriga faise cun premio impulsado por FADEMUR e PepsiCo España para apoiar e contribuír ao crecemento dos proxectos de emprendemento impulsados por mulleres e radicados no rural. Uns galardóns de ámbito estatal nos que este ano se ten feito oco a empresa de San Cristovo de Cea.

Silvia Garriga foi unha das dez mulleres seleccionadas para beneficiarse dunha das Bolsas PepsiCo deste ano. Un galardón dotado con 5.000 euros pensado para axudar ás emprendedoras rurais a seguir impulsando e mellorando os seus proxectos e negocios e que, neste caso en concreto, permitirá á emprendedora ourensá renovar o packaging dos seus produtos.

Nela é unha empresa na que conviven  dúas liñas diferenciadas de produción que teñen en común o aproveitamento dos recursos de proximidade e o aproveitamento de residuos forestais. Nela Gourmet, dedicada á elaboración de marmeladas artesás veganas, e Nela Biosense, centrada na cosmética natural.

Os nomes das galardoadas déronse a coñecer este mércores no salón de actos da Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid, onde arredor de 200 emprendedoras rurais de toda España se deron cita para participar no VI Encontro Ruraltivity. Unha xornada organizada por FADEMUR para visibilizar o importante papel das mulleres emprendedoras asentadas nos pequenos núcleos ante retos globais como a mudanza climática e o despoboamento. Un foro pensado para o empoderamento e o intercambio de experiencias que anualmente permite afondar e buscar solucións aos problemas concretos que enfronta o emprendemento rural feminino.

As bolsas PepsiCo enmárcanse na colaboración entre a Fundación PepsiCo e FADEMUR para abordar o despoboamento e a falla de oportunidades de emprego para as mulleres rurais en España e contribuír á súa independencia económica.

Publicacións creadas 123

Artigos relacionados

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio