Insua e o liño reforzan o seu eterno idilio

Chema Felpeto, que pregoou esta undécima edición, puxo en valor o traballo de Lourdes Otero e o seu equipo e enxalzou a cultura rural.

A loita de Lourdes Otero (artesana de Fusaiola) e o seu equipo segue dando os seus froitos once anos despois e a parroquia vilalbesa de Insua converteuse unha vez máis no epicentro do liño e da cultura que o rodea, coa colaboración do Concello, a Deputación e o Iescha.

Desa atmosfera que inundaba os traballos comunais -cantigas, conversas, música ou contos- falou Chema Felpeto e debullou polo miúdo, non sen emocionarse, a historiadora Miriam Fernández, testemuña directa do labor da súa nai Lourdes e das súas compañeiras de asociación. Fíxoo nunha mesa redonda que compartiu coa alcaldesa, Elba Veleiro, e co responsable do museo etnográfico Monte Caxado das Pontes, José María López Ferro, quen non perdeu a oportunidade de poñer en valor o rural.

Publicacións creadas 123

Artigos relacionados

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio