UUAA E FADEMUR INSTAN Á XUNTA A ACTUAR PARA EVITAR O ELEVADO RISCO DE CONTAXIO DE COVID19 NO RURAL CO INICIO DO CURSO ESCOLAR

Ás portas da volta ao cole máis atípica, lamentamos que a Xunta de Galicia non estea a ter en conta as especificidades e os problemas do rural. Con vontade política e medios humanos sería doado desdobrar aulas e evitar a masificación e o risco de contaxio aproveitando os numerosos centros escolares baleiros espallados pola xeografía galega. Pero non se fai, como tampouco se ten dado forma aínda a un protocolo claro que estableza un modus operandi para as explotacións agrogandeiras en caso de positivo por Covid19. Nin se ten en conta a imposibilidade que moitos cativos de accederen ás plataformas de formación online debido ás grandes deficiencias da conexión a internet nas zonas rurais. De todo elo falaron esta mañá o secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, e a presidenta de Fademur-Galicia, Rosa Arcos, nunha rolda de prensa telemática na que denunciaron as carencias, destacaron os riscos de prácticas como o transporte escolar compartido e instaron á Xunta de Galicia a solventalas.

A continuación deixamos o enlace co video completo da roda de prensa, xunto co informe con datos sobre as implicacións que este inicio do curso pode ter para as zonas rurais, para a súa poboación e a súa economía:

Rolda de prensa íntegra (youtube)

As implicacións da volta ao cole para as zonas rurais. INFORME ELABORADO POR FADEMUR GALICIA E UNIONS AGRARIAS – UPA.

Publicacións creadas 88

Artigos relacionados

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio