Unha vintena de mulleres rurais galegas participan hoxe no encontro anual Ruraltivity

 

O emprendemento rural feminino participa este mércores no V Encontro Ruraltivity; iniciativa impulsada por Fademur a nivel estatal que nesta edición congrega en Madrid 300 emprendedoras rurais chegadas de distintos puntos do territorio español.

Nesta edición de Ruraltivity encárganse de representar a Galicia:

-Maricarmen Fernández Hermida, de Licores Os Maios

-Yolanda Delgado Almuíña, de Cosmética Naturantas

-Noelia Solar Alonso, de Cosmética Esencia Viva

-Lucía Afonso Fernández, de Mel Sovoral

-Silvina Muñoz Coria, de Repostería Algareira

-Verónica Núñez López, de conservas Caurelor

-Ana Álverez López, de cosmética Alloa

-Dori Rodríguez González e Jorge Alonso Carballeira, de Adegas Celme

-Andrea Arias de la Torre, de adegas A Santa Viña

-María Luz Dacal Durán, adicada ao cultivo de castiñeiros

-María Teresa Carril Otero e María Dolores Pombo Rama, gandeiras de leite

-María Aurora Fernández Blanco, María Luisa Barral Vázquez, Andrea Castro Vázquez e Emérita Varela Vázquez en representación das asociación de mulleres rurais da Comunidade

-E Lucía Rodríguez Fernández, do medio de comunicación local O Argueiro dos Ancares. 

Ademais da presidenta de Fademur-Galicia, Verónica Marcos Arrojo, e a técnicos responsable de Ruraltivity en Galicia, Tania Blanco Casais.

O encontro celébrase no salón de actos do edificio de CaixaBank (coñecido como unha das torres Kio) ubicado no número 189 de Paseo da Castella, en Madrid.

O programa da xornada inclúe unha mesa de debate entre expertas e unha mesa de experiencias. En conxunto, dez mujeres rurais emprendedoras compartindo escenario con Isabel Rodríguez García, ministra de Política Territorial e portavoz do Goberno; Teresa López López, presidenta de FADEMUR; Isabel Bombal Díaz, directora xeral de Desarrollo Rural, Innovación e Formación Agroalimentaria do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación; Francisco Boya, secretario xeral para o Reto Demográfico; Andrea Pont, responsable de Fundación PepsiCo e Programas Internacionais en Europa; Lorenzo Ramos, secretario xeral de UPA; Carlos Seara, director da Rede Agrobank de CaixaBank; Begoña Gómez, directora da Cátedra de Transformación Social Competitiva; José María Torres, vicepresidente da Fundació PIMEC; Marta Puyuelo, directora de Asuntos Corporativos e Sustentabilidade de PepsiCo; Víctor Colino, da Universidade de Salamanca; e Paloma Temiño, responsable de Relacións Institucionai e Responsabilidade Social Corporativa de PepsiCo.

Publicacións creadas 123

Artigos relacionados

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio