Unha supervivente da violencia de xénero, Premio Orgullo Rural 2020

A Fundación Estudos Rurais premia a unha traballadora da organización agraria Unións Agrarias – UPA Galicia que foi brutalmente apuñalada pola súa expareja no seu posto de traballo. O caso, acaecido en maio de 2019, uniu á sociedade rural na súa condena e puxo de manifesto a fortaleza da agredida, Monsterrat López Mosquera.

A Fundación de Estudos Rurais desvelou o nome da última galardoada este ano co Premio Orgullo Rural, Montserrat López Mosquera.

Montse traballa en Unións Agrarias – UPA Galicia desde o ano 2000. Os seus compañeiros defínena como “eficaz e cumpridora”, e destacan o querida que é polos afiliados e afiliadas da organización na zona. Participou na posta en marcha da Asociación de Mujeres Progresistas de Vimianzo.

En maio do ano pasado, tras ser acoitelada pola súa exparella mentres abría a sede en Vimianzo da organización para a que traballa ( Unións Agrarias – UPA Galicia), Montserrat converteuse nun exemplo de supervivencia e fortaleza. Lonxe de amedrentarse, desde o propio hospital no que estivo moi grave, Montserrat clamou que se sinalase publicamente ao seu agresor e non a ela, vítima involuntaria. Para a Fundación de Estudos Rurais, esta actitude de Montse demostra a súa valentía e o seu forte compromiso co valor da igualdade.

Montserrat, e o resto de galardoados, recollerán os premios da Fundación Estudos Rurais nun evento que se celebrará o próximo mes de outubro en Madrid. Trátase da primeira ocasión na que a súa entrega sepárase do acto de presentación do Anuario da Agricultura Familiar que edita a Fundación, o cal terá lugar o próximo 15 de xullo.

Publicacións creadas 88

Artigos relacionados

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio