TAN SO 18 GALEGAS ACEDERON Á TITULARIDADE COMPARTIDA

A organización feminista rural FADEMUR examinou os datos das explotacións agrícolas no réxime de titularidade compartida en Galicia e por extensión España. Para FADEMUR, son uns resultados nefastos xa que, tras 8 anos coa Lei, en Galicia non se poido rexistrar nin ao 50% das explotacións, detrás deste fracaso está a desidia das administracións o que está a provocar a invisibilización do traballo de miles de mulleres e establece teitos de cristal imposibles de superar nas explotacións.

Dada a proximidade do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, FADEMUR abriu un período de concienciación sobre as reivindicacións de millóns de mulleres que viven no medio rural de cara a esa xornada. A Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia (FADEMUR) manifestou o seu malestar tras examinar o estado dos rexistros de titularidade compartida en Galicia.

E é que desde que a Lei de Titularidade Compartida fose publicada en 2011, co obxectivo de sacar á luz o traballo desenvolvido por unha inmensa cantidade de mulleres nas explotacións agrícolas e gandeiras, só unhas cantas explotacións se rexistraron neste réxime. Para Rosa Arcos, presidenta de FADEMUR Galicia, resulta “incrible que nos oito anos que fai desde que saíu a Lei, en Galicia sigan sen impulsala como cómpre, nun momento no que a sociedade e parte da política loitan pola igualdade de xénero, non podemos permitirnos esquecer ás mulleres rurais”.

Por iso, desde FADEMUR se pide un impulso decidido desta Lei. Para iso os gobernos deberían facer isto a través da publicidade e promoción da mesma, así como da formación de técnicos para executala porque, existe un gran desconcerto na forma de tramitar o rexistro así como no resto de información relacionada coa Titularidade Compartida.

Este impulso á Titularidade Compartida será unha das demandas concretas que as mulleres rurais reivindicarán o próximo 8 de marzo co obxectivo de alcanzar a igualdade laboral no campo. Para iso, desde FADEMUR xa adiantaron que en cada pobo sumaranse á mobilización convocada.

Publicacións creadas 88

Artigos relacionados

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio