Emprendimiento sostenible: compartiendo experiencias

Subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo Plus no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027

Fomentar a igualdade de oportunidades para contribuír á redución da dobre discriminación en que se atopan as mulleres en situación de especial vulnerabilidade para dotalas dunha maior autonomía e independencia e mellorar a súa situación persoal, social e laboral é un dos obxectivos polos que traballamos en FADEMUR Galicia.  Por iso impulsamos unha atención personalizada e especializada de cara á integración social e laboral das mulleres que o precisan.

Actuacións desenvolvidas no marco deste programa

a) Servizos de orientación e información sobre recursos singularizados, de atención, orientación e asesoramento persoal e social, así como de apoio directo nas relacións con outras entidades, organismos e servizos que lles faciliten ás persoas usuarias o seu proceso de integración social.
b) Servizo de atención psicolóxica.
c) Servizo de asesoramento xurídico.
d) Servizo de mediación intercultural e/ou familiar.
e) Actividades para a adquisición de habilidades persoais e sociais básicas ou de competencias para a mellora da empregabilidade.
f) Servizos ou medidas de orientación laboral e de acompañamento na busca de emprego, incluído o emprego por conta propia e o emprendemento, así como a prospección do mercado de traballo, a intermediación e a titorización laboral e profesional.