SIRA: SERVIZOS DE INTERVENCION PARA UN RURAL ACCESIBLE
O programa SIRA nace como resposta ás múltiples dificultades que enfrontan as persoas con discapacidade que residen no medio rural galego, especialmente as mulleres. A dispersión xeográfica, a falta de recursos accesibles, a escasa formación adaptada e as barreiras de mobilidade son algúns dos retos que agravan a situación de desigualdade e exclusión social deste colectivo.
A nosa misión é garantir o acceso efectivo a oportunidades de inclusión socio-laboral, autonomía persoal e participación activa, mediante intervencións personalizadas, acompañamento próximo e accións adaptadas ás necesidades reais das persoas con discapacidade que viven no rural galego.
Sira ofrecerá apoio individualizado para garantir que as persoas coñezan as oportunidades dispoñibles e accedan aos recursos que necesitan.
Deste xeito eliminamos as barreiras informativas e territoriais, garantindo que as persoas poidan acceder ás oportunidades que lles corresponden.
O obxectivo do programa Sira é fomentar a súa independencia e empoderamento, adaptando as intervencións ao contexto e necesidades individuais e que as persoas con discapacidade non se sintan illadas nin excluídas, senón parte activa da súa comunidade, co dereito a desenvolverse e a gozar dunha vida digna.
.
Coñece ás protagonistas do emprendemento rural sostible e, por que non? convértete nunha delas!