Servizos

En FADEMUR Galicia acompañamos ás mulleres do rural a través dunha ampla rede de servizos pensados para mellorar as condicións de vida e traballo, fortalecer a independencia e impulsar o desenvolvemento das zonas rurais.

Ofrecemos:

Asesoramento

Asesoramento personalizado, en temas de emprendemento, igualdade, asociacionismo e acceso a recursos.

Espazos

Espazos seguros, acompañamento e asosoramento para mulleres vítimas de violencia de xénero.

Formación

Formación especializada, con cursos, xornadas e obradoiros en ámbitos como a agricultura, a gandería, os coidados, a dixitalización e o emprendemento sostible.

Apoio

Programas de apoio social, centrados na conciliación, a corresponsabilidade e a atención a mulleres en situación de vulnerabilidade.

Emprendemento

Acompañamento en proxectos de emprendemento, desde a idea inicial ata a posta en marcha e consolidación de negocios no rural.

Accións

Accións de sensibilización e visibilización, para promover a igualdade de xénero, loitar contra a violencia machista e dar voz ás mulleres rurais.

Se queres precisas axuda, apoio ou asesoramento, non dubides en contactar con nós: