SERVIZOS RURAIS FADEMUR: REDMUR e COOPERATIVISMO

As mulleres que viven no medio rural en Galicia, son clave para o desenvolvemento sostible dos nosos pobos e da nosa sociedade, e para garantir dita sostenibilidade é preciso afrontar as desigualdades que todavía sofren as mulleres no medio rural, en maior medida en moitos casos, que as mulleres urbanas. Este programa pretende facer visibles as mulleres do medio rural e promover as condicións para pechar esa brecha a través de medidas de apoio precisas para que non se vexan obrigadas a abandonalo seu entorno. Porque a supervivencia do rural é fundamental para o desenvolvemento, tanto das persoas que viven no campo como das que viven na cidade.

As condicións específicas do propio medio rural, tales como a masculinización da actividade agraria, maiores dificultades para acceder aos servizos, tamén as novas tecnoloxías, ou a escasa representatividade das mulleres rurais nos postos de responsabilidade e toma de decisións, fan que as mulleres rurais teñan dificultades engadidas. O que se traduce en graves problemas que ameazan con acabar coa vida nos pequenos municipios debido a falla de oportunidades e de acceso en igualdade de condicións ao emprego, a propiedade das terras e a postos de toma de decisións.

A cuestión é que a vida nos noso pobos desaparece. Se as mulleres máis novas abandonan o seu medio en busca de mellores oportunidades para elas e os seus fillos e as súas fillas, o progresivo envellecemento do medio rural é unha realidade irreversible, que non desaparece, senón que aumenta co paso dos anos. Por este motivo, a promoción e a consolidación de iniciativas empresariais promovidas por mulleres é un dos obxectivos da Política de Desenvolvemento Rural. Fomentar o emprendemento en feminino contribúe a crear alternativas laborais, aumentar a participación laboral das mulleres no medio rural e diversificar a economía rural.

Por iso poñemos en marcha baixo a denominación de “Servizos Rurais de FADEMUR”, ao amparo da CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS Á REALIZACIÓN DE PROGRAMAS DE INTERESE XERAL PARA FINS DE CARÁCTER SOCIAL, CON CARGO Á ASIGNACIÓN TRIBUTARIA DO 0,7% DO IRPF, e que engloba dúas liñas de traballo:

  • REDMUR

  • COOPERATIVAS RURAIS DE SERVIZOS DE PROXIMIDADE


  • SERVIZOS RURAIS DE PROXIMIDADE
  • O programa “COOPERATIVAS RURAIS DE SERVIZOS DE PROXIMIDADE medio rural 2017-2018” está dirixido a favorecer a formación e incorporación das mulleres que viven nas zonas rurais, ao mundo laboral a través do autoemprego e o cooperativismo. O programa ten como obxecto impulsar a incorporación, permanencia e promoción das mulleres no mercado de traballo, así como cubrir a crecente demanda e necesidades de servizos de proximidade para as persoas maiores así como as persoas dependentes que viven no ámbito rural. O programa impulsa a creación de iniciativas de economía social a través do cooperativismo, ónde as mulleres poden crear o seu propio emprego á vez que cobren as necesidades de atención da poboación rural.

    Tendo en conta toda estas premisas, o programa está deseñado como un programa de formación en profesións que son novos xacementos de emprego, ós que as mulleres poden acceder pola súa experiencia e formación profesional. Levaranse a cabo ao longo do programa, accións formativas especializadas para a capacitación das beneficiarias seleccionadas, tanto de xeito presencial como o curso de “atención socio sanitaria a persoas dependentes no domicilio”, como en formato on line.

    Outras das actividades do programa teñen como obxectivo sensibilizar, formar e informar á sociedade no seu conxunto da importancia dun envellecemento activo e de calidade, especialmente no medio rural e máis tendo en conta os graves problemas de envellecemento, masculinización e despoboamento que asolan o noso territorio, en especial moitas zonas de Galicia.

    ACTIVIDADES PROGRAMADAS:

    CURSO DE FORMACIÓN EN NOVOS XACEMENTOS DE EMPREGO NO MEDIO RURAL. Impartirase unha acción formativa nun dos seguintes certificados de profesionalidade: atención socio sanitaria a persoas en institución sociais RD1379/2008 (450 horas), atención socio sanitaria a persoas dependentes no domicilio RD1379/2008 (600 horas).

    XORNADAS DE SENSIBILIZACIÓN E INFORMACIÓN SOBRE ENVELLECEMENTO ACTIVO. Ao longo do desenvolvemento do programa levaranse a cabo 3 xornadas de sensibilización e informativas sobre a importancia de manter un envellecemento activo e de calidade (talleres de memoria, alimentación saudable para un envellecemento de calidade, Apps sobre envellecemento, actividades físicas para mantemento da mobilidade e a indepencencia…)

    TALLER “EMPODERARNOS PARA EMPRENDER”. O taller terá unha duración media de 4 horas, de este xeito centrarémonos no empoderamento como factor clave para a sensibilización, concienciación e entrenamento para fomentar a capacidade de autonomía das mulleres rurais para decidir crear a súa propia empresa, por en marcha un proxecto empresarial, fortalecer a súa actitude e con elo a súa percepción do que é a aprendizaxe, así como a percepción da súa autoeficiencia para levar a cabo este proceso.

  • REDMUR
Publicacións creadas 88

Artigos relacionados

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio