REDE VIOLETA RURAL

O obxetivo deste programa e contribuir a prevención da violencia de xénero no medio rural mediante a achega da información e ferramentas as asociación e as entidades sociais do Concello de Santiago de Compostela para que poidan actuar directamente na sensibilización e prevención da violencia de xénero no medio rural.

Con esta actuación do Concello de Santiago, imos achegar a información sobre pautas de actuación para mellorar a comunicación coas mulleres que poidan atoparse en situación de violencia e poder identificar outras formas de violencia como a psicolóxica , económica e dixital.

Contribuir en visibilizar a realidade das mulleres maiores do medio rural que poden atoparse nunha situación de maior illamento, dependencia ou vulnerabilidade e ser tamén vítimas da violencia de xénero.

Para elo elaboraránse diferentes materiais que  servirán as asociacións para ter información sobre como crear espazos nos que abordar de maneira segura a comunicación coas mulleres que poidan atoparse en situación de violencia machista, a identificación de outras formas de violencia como a psicolóxica, económica e dixital, así como a realidade das mulleres maiores do medio rural que poden atoparse nunha situación de maior illamento, dependencia ou vulnerabilidad.

As destinatarias son as asociacións do rural compostelá, e por medio delas, todas as persoas que forman parte das mesmas así como todas aquelas que podan beneficiarse da creación de novos espazos seguro de loita contra a violencia de xénero nas parroquias do rural.

__________________________________________________________________________________________________________________________________________________

Fomento de programas e actividades a favor da igualdade efectiva entre homes e mulleres, das persoas do colectivo lésbico, gai, bisexual, transexual, intersexual e queer (LGBTIQ+) e da prevención e loita contra as violencias machistas para o ano 2026