Quen somos

A Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia – FADEMUR GALICIA, é unha organización sen ánimo de lucro, que loita pola visibilización do papel das mulleres no medio rural apostando pola igualdade e o progreso das mesmas como ferramenta fundamental de integración e mellora da súa posición na sociedade.

Fundación

Nace no ano 2006 para conformar unha rede de asociacións, e para defender os intereses das mulleres que viven en traballan no rural, e reivindicar o desenvolvemento social e económico do rural galego.

Igualdade

Reivindica a igualdade de oportunidades, a igualdade no acceso aos recursos, medio e servizos públicos. Loitamos por un medio rural igualitario, inclusivo e libre de violencias machistas.

Asociacións

FADEMUR Galicia está formada por 87 asociacións de mulleres de toda a xeografía galega, integrada en FADEMUR estatal, colabora con entidades e institución presentes no territorio rural.

As mulleres que participamos en FADEMUR Galicia, somos coñecedoras de primeira man dos grandes retos do noso rural: loitar contra o despoboamento e o abandono, procurar o relevo xeracional e invertir a tendencia ó avellentamento, e promover un desenvolvemento rural sostible social, económica e medioambientalmente. E afirmamos que todo isto non se pode conseguir sin nós.

Por elo, loitamos contra as situacións de desigualdade, contra a violencia de xénero e tratamos de contribuír á mellora da formación e da capacitación das nosas socias, sen esquecer que reclamamos e reivindicamos para as mullleres rurais un recoñecemento ó noso traballo como elemento vertebrador indispensable para un medio rural vivo.

As asociacións, as mulleres que formamos parte de FADEMUR Galicia, estamos decididas a acabar coa dependencia e a discriminación, no ámbito do emprego, do acceso ós servizos públicos, e no tocante á participación social e institucional das mulleres que vivimos no rural.

Dende a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia traballamos para que desapareza a triple discriminación que vivimos as mulleres do rural, a que estamos expostas por exercer maioritariamente unha actividade como a agro-gandeira suxeita a grandes incertidumes, nun entorno altamente masculinizado e nun medio con pouco apoio social e institucional para as mulleres.

As mulleres que participamos en FADEMUR Galicia, somos coñecedoras de primeira man dos grandes retos do noso rural: loitar contra o despoboamento e o abandono, procurar o relevo xeracional e invertir a tendencia ó avellentamento, e promover un desenvolvemento rural sostible social, económica e medioambientalmente. E afirmamos que todo isto non se pode conseguir sin nós.

Por elo, loitamos contra as situacións de desigualdade, contra a violencia de xénero e tratamos de contribuír á mellora da formación e da capacitación das nosas socias, sen esquecer que reclamamos e reivindicamos para as mullleres rurais un recoñecemento ó noso traballo como elemento vertebrador indispensable para un medio rural vivo.

¡Igualdade e progreso para as mulleres rurais!

Datos de contacto