Proxectos en execución

A continuación, presentamos proxectos en execución, cada un deles exemplo de superación, creatividade e impacto positivo no rural liderado por mulleres.

Mapeando a Igualdade no Rural Galego

Un proxecto en colaboración con Fundación «La Caixa”, que impulsa a participación, o recoñecemento e a dixitalización das mulleres. Un programa de inclusión dixital, social e interxeracional para as mulleres rurais galegas.

Mulleres con madeira - Plan Social Ence 2026

Mulleres con madeira e a renovación  por terceiro ano do proxecto de  colaboración entre  Plan Social Ence e Fademur Galicia, para dar voz  as mulleres emprendedoras do rural e aportar a súa visión sobre o sector forestal.

SIRA Servizos de Intervención para un Rural Accesible

As persoas con discapacidade que viven no medio rural galego, especialmente as mulleres, enfróntanse a múltiples obstáculos para acceder a unha vida autónoma, inclusiva e digna. SIRA e un programas dirixido a mellorar a calidade de vida, autonomía persoal e inclusión social e laboral das persoas con discapacidade

MEDRAR

MEDRAR é un programa que impulsa e dinamizas as redes de mulleres no rural galego, para facelas máis solidas extensa e traballar o empoderamento individual e colectivo

COIDÁNDONOS

Programas de apoio ao benestar emocional, físico e social, para dar respostas ás necesidades das persoas que adican a súa vida ao coidado dos demáis

ASOCIADAS Impulso asociativo ao rural coruñés

Asociadas impulsa a participación activa das mulleres no tecido asociativo do medio rural, fortalecendo ás asociacións e fomentando a creación de proxectos con perspectiva de xénero

DICECO 2026

DICECO acreditación profesional no coidado non formal de menores de 16 anos, novas oportunidades de emprego no coidado infantil. 

MaiorTic

Maior-Tic promove a inclusión dixital das persoas maiores, pechando a fenda dixital entre o rural e o urbano, e entre xeracións.

Aliadas Sororas

Aliadas Sororas traballamos en rede contra a violencia de xénero no rural galego, a traves da sensibilización, concienciación e apoio mutuo.

Empoderamento da muller no rural de Lugo

Un programa de empoderamento feminino que ofrece asesoramento e acompañamento profesional, e actividades adaptadas aos distintos sectores productivos presentes no entorno rural.

Apoio ás mulleres en situación de vulnerabilidade

Un programa pensado para o acompañamento, e asesoramento as mulleres dos pequenos concellos rurais que se atopan en situación de especial vulnerabilidade