Proxectos FINALIZADOS

A continuación, presentamos proxectos xa finalizados, cada un deles exemplo de superación, creatividade e impacto positivo no rural liderado por mulleres.

MEDRAR

MEDRAR é un programa dirixido ás mulleres do rural galego que busca fortalecer a súa participación social e institucional, facilitar o acceso á información e aos recursos públicos e impulsar a igualdade de oportunidades no territorio.

Coidándonos

Programas de apoio ao benestar emocional, físico e social no medio rural, promovendo o acompañamento, e as redes de coidado comunitario.

ASOCIADAS Proxecto de sensibilización e formación

Asociadas impulsa a participación activa das mulleres no tecido asociativo do medio rural, fortalecendo ás asociacións e fomentando a creación de proxectos con perspectiva de xénero.

DICECO 2025

DICECO busca dignificar e certificar a experiencia no coidado non formal de menores de 16 anos, e converter a experiencia persoal nunha oportunidade laboral.

Coidándonos – MaiorTic

Coidándonos – Maior-Tic promove a inclusión dixital. Acceso ás novas tecnoloxías ás persoas maiores, pechando a fenda dixital entre o rural e o urbano, e entre xeracións.

Aliadas Sororas

Aliadas Sororas busca o fortalecemento e o traballo en rede na loita contra a violencia de xénero no rural galego, a traves da sensibilización, concienciación e apoio mutuo.

Empoderamento da Muller no Rural de Lugo

Un programa de empoderamento feminino que ofrece asesoramento e acompañamento profesional, e actividades adaptadas aos distintos sectores productivos presentes no entorno rural.

Mulleres en situación de vulnerabilidade

Programa deseñado para o acompañamento, e asesoramento de mulleres en situación de especial vulnerabilidade nos pequenos concello rurais de Galicia. 

Emprendimiento sosteNible 2.0

Compartiendo Experiencias é o título baixo o que, por segundo ano consecutivo, FADEMUR Galicia e Ence colaboran para visibilizar e poñer en valor o emprendemento feminino rural.

Emprendimiento sostenible: compartiendo experiencias

Proxecto creado coa intención de visibilizar casos de éxito ligados ao emprendemento feminino rural que nos permitan potenciar e impulsar o autoemprego no rural galego.

Corresponsabilízate

Esta  iniciativa que nace co propósito de fomentar a igualdade de xénero e a conciliación da vida persoal, familiar e laboral nas zonas rurais.

Promovendo valores en igualdade nas escolas rurais

Poñemos á túa disposición recursos didácticos deseñados para educar e sensibilizar ás crianzas sobre a importancia da igualdade e do respecto mutuo.

DICECO 2024

Terceira edición do plan de formación on line DICECO (Dignifación e Certificación dos Coidados), para recoñocer e convertir en oportunidade laboral a experiencia adquirida no coidado de menores.

DICECO 2023

Segunda edición do proxecto DIgnificación e CErtificación dos COidados (DICECO), con formación on line para o traballar nos coidados infantiles.

 

DICECO 2022

No programa DICECO, traballamos pola dignificación e o recoñecemento no ámbito dos coidados na infancia, a través da formación e da certificación no marco do Plan Corresponsables

PONTExELAS

PONTExELAS impulsa a participación activa das mulleres no tecido asociativo, construíndo redes de apoio, poñendo énfase na prevención da violencia de xénero.