ASOCIADAS - Proxecto de sensibilización e formación
Asociadas é un programa deseñado para impulsar a participación activa das mulleres nas súas organizacións e poñer en marcha proxectos asociativos con enfoque de xénero.
Está dirixido ás Asociacións de mulleres da provincia da Coruña, e tamén ás mulleres non asociadas que queiran integrarse en espazos participativos e dinámicos.
O principais obxectivos están en fortalecer o funcionamento das asociacións existentes, incorporar novas participantes á vida asociativa das entidades, e promover proxectos con perspectiva de xénero e impacto social.
Tamén está pensado para garantir a exercicio pleno dos dereitos das mulleres a través da participación activa.
Para elo traballamos con cada entidade e coas participantes en itinerarios prácticos que responden ás súas necesidades específicas, favorecendo a integración plena na sociedade actual.
Financiado pola Deputación Provincial da Coruña a través do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o mantemento en políticas de xénero no ano 2025 (FOIO0A/2025)