Presentación do Estudo “Mujeres Víctimas de Violencia de Genero en el Medio Rural”

Presentamos os datos do estudo sobre vítimas de violencia de xénero no medio rural elaborado por Fademur
➡️ https://bit.ly/3kEE3nr

Un documento que demostra que queda moito camiño para rematar cun problema que demasiadas mulleres sofren en silencio.

Seis de cada dez participantes afirman coñecer a algunha muller que padece esta lacra. Ademais, o 72,9% das vítimas que viven en municipios de menos de 20.000 habitantes non denuncian aos seus agresores.

A dependencia económica, o medo ao que dirán e á reacción do maltratador e o control sociofamiliar son factores que fan que, no rural, as vítimas permanezan co seu maltratador unha media de 20 anos.

O estudo sobre a situación das mulleres vítimas de violencia de xénero no medio rural elaborado por Fademur  deixa datos que non poden ser ignorados. Non só se trata dunha realidade demasiado habitual, senón que a inmensa maioría das que a padecen fano en silencio. E iso ten que cambiar xa!!!

Ante a #violenciamachista hai que buscar axuda. Sexa recorrendo a un recurso público, a unha asociación ou a outras mulleres que poidan botarche unha man. A solución nunca é calar, senón procurar o punto de apoio máis próximo que poida axudarche a saír. Sabemos que no rural moitas veces non é fácil. E dende Fademur  tentamos tamén ser ese punto de acompañamento tan necesario para as mulleres vítimas de maltrato (podes ver a rolda de prensa íntegra neste enlace)

Os datos demostran que acceder a mecanismos e ferramentas para rachar coa violencia machista é complexo no rural. Moitas mulleres teñen que recorrer unha media de 25 quilómetros para acceder a un lugar onde ser atendidas. Condicionan os horarios e condiciona a distancia.

Da necesidade de buscar formas diferentes de achegar ao rural os recursos de loita contra a violencia machista falou esta mañá no #BosDías da TVG

Rosa Arcos Caamaño; que tamén lembrou que case o 40% das mulleres en situacións de violencia que viven no rural carece de ingresos
Podes saber máis consultando o estudo elaborado por Fademur

 

ESTUDO ÍNTEGRO NESTE ENLACE

Publicacións creadas 88

Artigos relacionados

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio