POR UN RURAL VIVO E XOVEN
Programa que busca impulsar o emprendemento e a activación económica no medio rural da provincia da Coruña, con especial atención ás mulleres rurais e mozos e mozas, favorecendo a súa autonomía económica e o arraigo territorial.
Os principais obxectivo deste programa son:
- Fomentar iniciativas emprendedoras no sector agrario do rural da provincia, con especial atención ás lideradas por mulleres
- Acompañar o desenvolvemento de proxectos desde a idea ata a súa posta en marcha.
- Facilitar o acceso ás redes profesionais.
- Mellorar a percepción do rural.
- Contribuír ao relevo xeracional.
O programa susténtase sobre 3 eixes de actuación complementarios:
CREA – Espazo de apoio directo á creación de iniciativas económicas.
FACILITA – Entorno de conexión e dinamización do ecosistema rural.
DIVULGA – Conxunto de accións de capacitación e sensibilización.
Queres anotarte nos nosos cursos ou facer algun comentario ou suxerencia. Escríbenos aqui
Programa realizado grazas ao convenio de colaboración coa
Programa realizado grazas ao convenio de colaboración coa