Por un rural libre de violencias machistas

A casa da cultura de Vimianzo acolleu onte o acto organizado pola Deputación da Coruña e Fademur . María Rodríguez Mouzo, A Banda da Loba, Arte na Palla e Rosa Cobo foron galardoadas polo seu compromiso co feminismo. Na entrega de premios tamen contamos coa presenza de Roberto García, Secretario Xeral de Unions Agrarias.

Na mesa do evento estaba Rosa Arcos (presidenta de FADEMUR Galicia) Mónica Rodriguez( alcaldesa de Vimianzo) e Jose Manuel López Tuñas, (deputado provincial). Todos eles destacaron o gran traballo que fai a muller rural, e a alcaldesa tamen agradeceu a elección da localización do evento.

O acto de onte celebrouse baixo o lema Actuemos! Por un rural libre de violencia machista.

Publicacións creadas 123

Artigos relacionados

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio