PONTExELAS
PONTExELAS é un programa de sensibilización e difusión na loita contra a Violencia e Xénero co obxectivo de chegar ao conxunto da poboación rural da provincia de Pontevedra, incentivando a ruptura do silencio das mulleres que sofren calquera tipo de violencia polo mero feito de selo, evitar a revictimización e ter en conta aos colectivos especialmente vulnerables.
Apostamos por acadar os obxectivos do programa a través do fío conductor da participación, a visibilización, e o emprendemento:
- Previr, informar, e establecer protocolos de actuación con información sobre as dinámicas, modelos e prexuízos sociais que derivan nunha escalada de violencia contra as mulleres. Prevención do delito e a discriminación das mulleres rurais como grupo especialmente vulnerable.
- Visibilizar o funcionamento da violencia a través de talleres, encontros virtuais, campañas de difusión…
- Concienciación social, reducir a tolerancia á violencia, dando visibilidade a tódalas formas nas que se presenta, a través deste programa específico para o ámbito rural no que as mulleres síntanse identificadas dentro da súa contorna.
- Provocar un cambio de actitudes cara á violencia dentro da contorna rural, poñendo o foco nos que cometen os delitos, sen culpar ás vítimas
- Empoderamento, sensibilización e acompañamento: Facilitar as ferramentas necesarias para romper coa dinámica de violencia, desenvolver as competencias adecuadas para recoñecer o valor das mulleres en todos os ámbitos do medio rural, previr a violencia de xénero.