Plan Social ENCE 2020

Emprende EN feminino en CErcanía

As mulleres que viven no ámbito rural, en moitos casos, non dispoñen non seu entorno das ferramentas formativas que lles permitan mellora a súa posición social e avanzar na participación e na gobernanza da vida pública. Padecen unha taxa de paro 27 puntos superior aos varóns e, son as perceptoras das pensións máis baixas do estado. Por dito motivo, son consideradas no seu conxunto (traballadoras, paradas, inactivas, maiores, xóvenes…) un grupo de poboación especialmente vulnerable.

Queremos axudar a reverter esta situación coa realización de proxectos de apoio ao emprendemento e á mellora das habilidades para a procura de emprego, e avanzar tamén na visibilización dos seu aporte económico e social ao entorno no que viven.

FADEMUR Galicia, contal motivo levou a cabo durante o ano 2020 -aínda tendo que facer unha certa reformulación debido ás restriccións por mor do COVID19- un plan de inserción e acompañamento socio laboral para as mulleres do ámbito rural, centrando parte dos nosos esforzos no apoio ao emprendemento e impulsando o espírito emprendedor das mulleres.

Para elo, entre outras accións, publicamos un manual de emprendemento (podedes obter unha copia neste enlace), para poñer ao alcance de tódalas mulleres do eido rural que teñen unha idea de negocio que queira emprender. É unha ferramente para iniciarse. Un plan básico para delimitar os obxectivos do teu negocio.

Si este manual che sirve de axuda para animarte no teu proxecto de negocio, estupendo! Si sigues adiante e precisas acompañamento, contacta con nós:

contacto@fademurgalicia.es

galicia@fademur.es

Tlf.: 881817256

 

Este programa foi financiado polo Plan Social de ENCE na súa convocatoria 2019-2020

Publicacións creadas 123

Artigos relacionados

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio