Os premios TalentA distinguen a valía dun proxecto vitivinícola da Rúa

Andrea Arias, responsalbe de A Santa Viña, foi unha das finalistas dos premios impulsados por FADEMUR e Corteva na categoría Muller Rural

Santiago, 6 de marzo de 2023- Andrea Arias, responsable do proxecto A Santa Viña, ubicado no concello ourensán da Rúa, ten sido unha das galardoadas cos premios TalentA; iniciativa creada pola compañía agrícola Corteva e FADEMUR co obxectivo de empoderar ás mulleres da España rural. A emprendedora ourensá foi recoñecida como unha das finalistas desta cuarta edición dos galardóns na categoría de Muller Rural. Un distintivo que recoñece a valía dunha iniciativa baseada na elaboración do primeiro viño torrado de Garnacha Tintoreira.

Máis de 90 candidaturas teñen concorrido aos premios TalentA deste ano; un certame que, ao longo das súas catro edicións, xa suma un total de 300 proxectos. Entre eles ten sido distinguido e recoñecido A Santa Viña, da Rúa de Valdeorras. Un proxecto que rescata parcelas abandonadas debido á súa produción  baseada na agricultura rexenerativa e ao uso responsable de recursos como, por exemplo, o consumo de auga de choiva no canto de rego.

A Santa Viña nace da vontade de crear un produto singular capaz de cubrir o oco detectado nas cartas de viños da maior parte dos restaurantes, que non contan cunha opción específica para maridar os seus postres. Obxectivo co que se crea este viño torrado que destaca polo seu compromiso medioambiental e a súa capacidade de innovación no medio rural galego.

Por su parte, Teresa López, presidenta de Fademur, ha resaltado: “El Programa TalentA reconoce el esfuerzo que las mujeres realizan en su día a día, gracias al cual sobrevive el medio rural, y busca facilitar que las mujeres rurales encuentren oportunidades y sean económicamente independientes y estamos muy orgullosos de celebrar la 4ª edición de este programa, con el que ya hemos ayudado a impulsar los proyectos de 13 mujeres emprendedoras en España”.

O programa TalentA nace en 2019 co obxectivo de por de relevo o papel clave que as mulleres rurais desenvolven no sector a apoialas nos seus proxectos a través de formación, visibilidade e financiamento. Ata o de agora ten sido un éxito, premiando desde a súa creación a emprendedoras de toda España, con proxectos que van desde a produción de cervexa artesanal ou o deshidratado solar de froitas e verduras ata a promoción do benestar animal e a alimentación saudable do gando, entre outros.

Máis información:

https://fademur.es/fademur/ganadoras-progama-talenta-2023/

Publicacións creadas 123

Artigos relacionados

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio