O Outubro das mulleres rurais. Once medidas para as mulleres rurais

Este ano, por mor do COVID-19 os actos que tradicionalmente desenvolvemos no Día Internacional das Mulleres Rurais, tiveron que mudar. Pero non quixemos deixar de estar presentes, de outro xeito, como nos foi posible… pero seguir coa nosa labor de dar visibilidade o papel das mulleres do noso medio rural; e de reivindicar as necesidades das mulleres que habitamos nas zonas rurais.

 

Once medidas de e para as mulleres rurais

 

  1. Pacto polo medio rural:

As deficiencias en servizos e dereitos que existe na Galicia baleirada, provocan unha sobrecarga de traballo nas mulleres que viven nesas zonas. Para reverter esta situación, as mulleres rurais piden un pacto polo medio rural que garanta un transporte digno, e a igualdade dos dereitos fundamentais: saúde, educación, traballo… En definitiva, un pacto que garanta centros sanitarios, escolas, promocione o tecido empresarial, etc.

  1. Sacar do caixón a Titularidade Compartida:

Tras oito anos da publicación da Lei de titularidade compartida, apenas hai en España 600 mulleres cotitulares de explotacións agrarias, en Galicia temos 18. En Comunidades, como a de Madrid e Illas Baleares, aínda non hai nin unha soa explotación neste réxime cuxo obxectivo é visibilizar o traballo de millóns de mulleres do sector agrario. É necesario destinar recursos para implementar esta Lei, dala a coñecer, facilitar os trámites de rexistro e convertela nunha realidade.

  1. Protección, concienciación e defensa contra a violencia de xénero no medio rural:

Independentemente de onde vivan as mulleres, estas teñen que ter as mesmas garantías de protección e defensa ante a violencia de xénero, que as que viven en zonas máis urbanas. Da mesma maneira, os recursos para concienciar contra a violencia de xénero deben de alcanzar por igual os pobos que as cidades.

  1. Participación na toma de decisións e nos órganos de goberno:

A transición a un mundo máis xusto, equitativo e respectuoso co medio ambiente, debe estar  coliderada polas mulleres. Sen elas na toma de decisións, non se pode contar coa súa implicación na execución. Para iso, FADEMUR demanda cotas de participación en todos os órganos de goberno do mundo rural (consellos de administración de cooperativas, consistorios, grupos de acción local, etc).

  1. Promoción a contratación de mulleres no medio rural, así como os seus proxectos de emprendemento

As mulleres rurais emprenden máis porque están marxinadas dun escaso mercado laboral rural. Ademais de promocionar a súa contratación en traballos por conta allea nos pobos, FADEMUR  quere que as mulleres emprendedoras teñan maiores apoios a todos os niveis, por elo precisamos un plan de apoio ao emprendemento en feminino no eiro rural, que non exclúa ás actividades complementarias do sector primario.

  1. Dereitos e propiedade real sobre a terra e os recursos:

Para garantir un futuro xusto e sostible, as mulleres deben ter un dereito real sobre a terra e os recursos naturais. É a maneira de protexer a soberanía alimentaria dos territorios, a biodiversidade, a terra, os recursos naturais, os animais e os alimentos. Reclamamos que se nos impulsen neste papel porque nós somos as garantes da sustentabilidade do futuro de todos e todas.

  1. Defensa do poder de negociación das mulleres produtoras fronte aos intermediarios:

As empresarias de pemes que traballan o campo sofren a imposición dos prezos que reciben polos seus alimentos. Agricultoras e gandeiras queren ser as verdadeiras donas dos seus produtos e negociar prezos xustos de venda. Para iso, reclaman medidas de control de prácticas abusivas por parte da gran industria e a distribución, como a venda a perdas e a especulación cos alimentos.

  1. Perspectiva de xénero da Política Agraria Común:

As mulleres rurais piden que a PAC incorpore, por fin, a perspectiva de xénero que debe ter calquera política. Unha PAC feminista que atenda e entenda ás mulleres do sector agrícola e que axude a reverter a fenda tanto económica como social que estamos vendo nos nosos pobos.

  1. Desenvolvemento de canles curtas e mercados de proximidade:

Piden políticas públicas que favorezan a comercialización e compra en canles curtas, así como os mercados de proximidade. Para FADEMUR, esta é a maneira de que produtoras e consumidoras remen xustas cara ao fortalecemento do seu tecido socioeconómico.

  1. Programa de xénero e tecnoloxía que termine coa fenda dixital

Para que as mulleres dos pobos poidan desenvolver todas as súas expectativas laborais e comercializadoras; informativas, formativas e comunicativas; en definitiva, para que poidan desenvolver os seus dereitos democráticos e sortear no plano virtual o illamento que as separa no mapa xeográfico, as mulleres demandan un programa de xénero e tecnoloxía que acabe coa fenda dixital que arrasa amplas zonas rurais.

  1. Impulso do cooperativismo e proxectos colectivos de e para mulleres

As mulleres rurais esixen apoios para fortalecer a rede de  sororidade que tecen de forma natural. Ás veces compañeiras, outras provedoras e sempre camaradas, as mulleres rurais piden un impulso para crear cooperativas de mulleres e poñer en marcha proxectos colectivos.

 

Compañamos esta información con fotografías dos actos celebrados coa Deputación da Coruña

… e coa Deputación de Pontevedra.

 

Publicacións creadas 84

Artigos relacionados

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio