O emprendemento rural feminino participa no 3º Encontro Ruraltivity

As creadoras de Fademur-Galicia estarán presentes na primeira convocatoria semipresencial do evento, que poderá seguirse en streaming

Santiago, 27 de abril de 2021- O emprendemento rural feminino participa este mércores no 3º Encontro Ruraltivity; iniciativa impulsada por Fademur a nivel estatal que nesta edición contará coa participación dun amplo número de mulleres de todo o territorio español.

Oito emprendedoras galegas encargaranse de representar a Fademur-Galicia na que será a primeira convocatoria semipresencial de Ruraltivity. Unha iniciativa pensada para a posta en común e o pulo aos diversos e numerosos proxectos impulsados por emprendedoras do rural do noso país.

O encontro celébrasese este mércores de 11 a 13:30 h no Auditorio de CaixaForum Madrid. E, debido á especial tipoloxía desta convocatoria, que será retransmitida en streaming, a organización confía en que tanto o seguimento como a participación e a difusión serán amplas.

Silvina Muñoz, especialista en repostería creativa e bombonería, participará en representación  de Algareira; marca de doces artesanais ubicada en Camariñas que emprega as algas na elaboración dos seus produtos.

https://algareira.com/

Verónica Núñez representará a Caurelor; marca de produtos artesanais do Courel elaborados a base de castañas ecolóxicas recolectadas a man e outros froitos da zona.

https://caurelor.com/

Dori González é a muller detrás de Adegas Celme; un proxecto nacido ao amparo da DO Ribeiro que integra a elaboración de viños e o enoturismo.

https://adegascelme.com/gal/

Lucía Afonso é a “gandeira de abellas” detrás de Sovoral. Proxecto familiar nacido no sur de Ourense para poñer en valor os recursos naturais da alta montaña e achegar o mel artesanal da zona a todos os recunchos.

https://www.sovoral.com/

Verónica Pagé, artesá mindoniense dedicada á elaboración de aceite de loureiro para cosmética, tamén estará no encontro.

https://miratu-handicraft.negocio.site/

Alicia Benade é a impulsora de Trigo Limpio; marca dedicada á elaboración de fariñas artesanais en Tui.

https://www.trigoylimpio.com/

Marta Álvarez é unha das cinco mulleres detrás de Muuhlloa: firma de cosmética natural elaborada a base de leite de vaca e extractos vexetais de plantas da comarca da Ulloa.

https://www.muuhlloa.com/es/

Lourdes Otero representará a Fusaiola: artesanía textil, tradición e innovación tecida en Vilalba en teares de alto e baixo lizo nos que prima o emprego de materias primas naturais.

https://www.facebook.com/fusaiola/

Xunto ás numerosas emprendedoras rurais de todo o territorio español, neste terceiro Encontro Ruraltivity participan a ministra de Asuntos Sociais e Axenda 2030, Ione Belarra Urteaga; o secretario xeral de UPA, Lorenzo Ramos Silva; a secretaria de Estado para a Dixitalización e Intelixencia Artificial, Carmen Artigas Brugal; o Alto Comisionado para España Nación Emprendedora, Francisco Polo; a directora xeral de Desenvolvemento Rural, Innovación e Formación Agroalimentaria, Isabel Bombal Díaz; o director de Red Agrobank, Carlos Seara Diéguez; o secretario xeral para o Reto Demográfico, Francisco Boya Alòs; ou a ministra de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, Teresa Ribera Rodríguez.

O encontro está aberto á asistencia de todas as persoas interesadas que previamente se teñan inscrito completando o formulario online habilitado. Trátase dunha cita enmarcada nos esforzos que Fademur exerca desde a lanzadeira de emprendemento rural Ruraltivity, que conta co respaldo do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social.

Publicacións creadas 123

Artigos relacionados

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio