“Nos pobos seguimos tendo máis medo a denunciar”

A organización de mulleres rurais valorou como “alarmantes” os datos da Macroenquisa de Violencia contra a Muller 2019 presentada hoxe, que recollen que unha de cada dúas mulleres sufriu violencia por ser muller. FADEMUR explicou que o documento confirma que as vítimas rurais están máis desamparadas.

A Federación de Asociacións de Mujeres Rurais (FADEMUR) analizou os datos publicados hoxe na Macroencuesta de Violencia contra a Muller para denunciar “o que vimos moito tempo denunciando: que nos pobos a falta de servizos fai que as vítimas se atopen máis desamparadas e, por tanto, denuncien menos”.

«Canto maior é o tamaño do municipio de residencia maior é a porcentaxe de mulleres que verbalizaron a violencia sufrida das súas parellas ou exparellas a través da denuncia, a procura de axuda formal ou informal”, di o informe. A Macroenquisa explica isto en datos: mentres que o 83,3% das mulleres que viven en municipios de máis de 10.000 habitantes denunciou, nos municipios de entre 10.000 e 2.001 habitantes denunciou o 78,5% e nos municipios con menos de 2.000 habitantes denunciaron só o 66,9% das vítimas.

É por isto que FADEMUR leva tempo desenvolvendo programas de sensibilización contra a violencia de xénero no medio rural, como Cultivando Igualdade, co que FADEMUR crea espazos seguros contra a violencia de xénero no medio rural grazas ao apoio do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social. “O traballo ten que ser de 360º. Non se trata de concienciar só ás vítimas senón a toda a sociedade porque contra esta secuela a loita ten que ser conxunta”.

Publicacións creadas 88

Artigos relacionados

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio