medrar
Tras a excelente acollida da edición anterior e en resposta á demanda reiterada das participantes, FADEMUR Galicia revalida o programa MEDRAR, unha iniciativa xa consolidada financiada por la Conselleria de Politica social e igualdade, que ten como obxectivo promover o empoderamento e a participación social e institucional das mulleres do rural galego, con especial atención a aquelas que se atopan en situacións de maior vulnerabilidade.
A experiencia acumulada ao longo do desenvolvemento do programa puxo de manifesto que as desigualdades de xénero no medio rural continúan fortemente condicionadas por factores estruturais como o illamento xeográfico, a insuficiencia de servizos básicos e a escasa presenza das mulleres nos espazos de toma de decisións. Estas limitacións dificultan o exercicio pleno dos seus dereitos e frean o seu desenvolvemento persoal e colectivo. As mulleres non son vulnerables polo feito de vivir no rural, senón porque este contexto carece, en moitos casos, das garantías necesarias para garantir unha vida autónoma, digna e libre.
As accións principais inclúen unha xornada inicial de presentación, obradoiros de formación e sensibilización en igualdade, espazos de diálogo coas intitucións públicas, iniciativas de traballo en rede entre entidades rurais e un sistema de seguimento e avaliación continua, garantindo a adaptación do programa ás necesidades reais das participantes e dos territorios.
MEDRAR traballa para fomentar a participación das mulleres en espazos públicos, sociais e de toma de decisións, ao tempo que facilita o acceso á información sobre recursos, servizos e canles institucionais, especialmente para aquelas mulleres que atopan máis dificultades por razóns xeográficas, sociais ou persoais. O programa promove a igualdade de oportunidades mediante accións formativas e de sensibilización que abordan realidades como a discriminación estrutural, a violencia de xénero ou o acceso desigual aos dereitos, e actúa para reducir as barreiras que historicamente afastaron ás mulleres rurais da vida pública.
MEDRAR aposta por fortalecer as redes de apoio e colaboración entre mulleres e entidades do rural, impulsando o traballo en rede e o acompañamento mutuo. Contribúe así á cohesión territorial e a un desenvolvemento sostible con perspectiva de xénero, garantindo que ningunha muller quede atrás pola súa idade, lugar de residencia ou nivel de autonomía, poñendo en valor o papel das mulleres rurais como auténticas axentes de cambio social e institucional.