MAPEANDO A IGUALDADE NO RURAL GALEGO

Este proxecto de FADEMUR Galicia, que desenvolvemos coa colaboración da Fundación «La Caixa» servirá para impulsar a participación e o recoñecemento social das mulleres do noso rural.

É unha iniciativa que promove a inclusión dixital, social e cultural das mulleres maiores que viven no rural galego.

A través de talleres interxeracionais, entrevistas e a creación dun repositorio dixital, búscase recuperar o seu legado e fortalecer o vínculo co territorio.

OS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DESTE NOVEDOSO PROXECTO SON:

  • Reducir o illamento social e a soidade non desexada.
  • Reforzar a memoria colectiva e o sentimento de pertenza.
  • Fomentar a apredizaxe dixital e a autonomía tecnolóxica.
  • Visibilizar o papel das mulleres rurais na construcción da Galicia actual.
  • Crear unha rede interxeracional activa e colaborativa.

Mulleres marabillosas:

A memoria do rural, contada a través das voces de grandes mulleres. Referentes nas súas asociacións, nas súas vilas. Falamos con elas dos seus recordos, dos seus gustos, de como foi a súa vida… pero tamén falamos de como cambiou o rural, de como se vive nel, do que ten e do que nos falta. Porque a historia das aldeas e do rural non se pode escribir sin a voz das súas protagonistas. Grazas pola vosa xenerosidade, foi un gusto conversar con vos.