Loitando contra a violencia de xénero
En FADEMUR Galicia traballamos para que as mulleres do rural vivan libres, seguras e con dereitos. A loita pola igualdade é un dos nosos principios fundacionais, e a violencia de xénero é unha das principais ameazas para avanzar cara este obxectivo. Por iso impulsamos programas específicos de prevención, sensibilización e apoio ás mulleres vítimas da violencia machista, sempre adaptados á realidade do rural galego.
O noso compromiso é acompañar ás mulleres vítimas de violencia de xénero ou en situación de vulnerabilidade, ofrecerlles información e recursos, e crear redes de sororidade que lles dean apoio alí onde viven. A través de obradoiros, campañas, asesoramento e colaboración con institucións públicas, buscamos romper o silencio, dar visibilidade ao problema e promover cambios sociais duradeiros.
Desde FADEMUR Galicia defendemos que a loita contra a violencia de xénero é tamén unha loita pola dignidade, a igualdade e o futuro do noso rural. En FADEMUR Galicia, fomos pioneiras no estudo do impacto e das singularidades que a violencia de xénero ten nas zonas rurais.
Enquisa «As Mulleres Rurais ante a violencia de xénero»
FADEMUR Galicia, dentro das actividades colaborativas que leva a cabo coas entidades federadas, traballou na realización dunha enquisa sobre a percepción que temos as mulleres do rural en canto á violencia de xénero no noso entorno.
Esta enquisa, que foi ralizada principalmente a través de medios telemáticos, pero que tamén contou con recollida de datos a través de entrevistas, foi respostada por máis de 1900 mulleres de toda Galicia.
Os resultados foron presentados en rolda de prensa, e remitidos a tódolos grupos políticos e á Secretaria Xeral de Igualdade. A nosa pretensión é que tomen en consideración a nosa opinión de cara ao establecementos de accións políticas neste eido.
Enquisas.
- Una encuesta revela que la violencia de género está “más presente” y es “manos denunciada” en el medio rural
- El 60% de las mujeres del rural asegura conocer casos de violencia de género
- Seis de cada diez mujeres rurales se ven menos protegidas ante los malos tratos
Comparecencia na Comisión Non Permanente de Igualdade do Parlamento de Galicia.
FADEMUR Galicia aposta decididamente por un rural libre de violencia de xénero, onde cada muller poda desenvolver o seu proxecto vital sen medo e coa protección e o acompañamento que necesite.
En Galicia a través do programa Aliadas Sororas e a nivel estatal co programa Cultivando Igualdade (Cultivando igualdad – Espacios seguros contra la violencia de género en el medio rural.)
Novas
- Fademur na Noite Violeta con Emerxencia Feminista
- Deportistas olímpicos ayudarán a concienciar en la lucha contra la violencia de género gracias a los contratos de patrocinio con la Xunta
- La Xunta y el Ayuntamiento de O Pereiro de Aguiar acuerdan dar inicio a los trámites para la creación de un Centro de Información a la Mujer
- La Xunta y la Fundación Secretariado Gitano colaboran para apoyar a las mujeres gitanas víctimas de la violencia de género
- La Xunta financia ayudas a programas de promoción de la igualdad y lucha contra la violencia de género con cargo al IRPF de este año
- Video Emerxencia Feminista
- A alcaldesa de Meis tratará de impedir a festa de churrasco en “topless” nun bar de alterne.
- El Instituto Gallego de Vivienda e Solo saca a subvención bono de alquiler para las victimas de violencia de género
- Primeira manifestación contra a violencia de xénero nunha aldea
- A violencia de xénero tamen doe no rural
Observatorio de violencia de género en el medio rural (2024)
Criterio: víctimas oficiales de violencia de género asesinadas en municipios de España con poblaciones inferiores a 20.000 habitantes.
Fuente: producción propia a partir de los datos proporcionados por Feminicidio.net y el portal estadístico de la Delegación del Gobierno para la Violencia de Género.