Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia

FADEMUR GALICIA

A Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia – FADEMUR GALICIA, é unha organización sen ánimo de lucro, que loita pola visibilización do papel das mulleres no medio rural apostando pola igualdade e o progreso das mesmas como ferramenta fundamental de integración e mellora da súa posición na sociedade.

FADEMUR Galicia, é unha organización progresista fundada no ano 2006,  co obxectivo de unir e reforzar os traballos das asociacións de mulleres rurais que a integran.

FADEMUR Galicia,  loita pola igualdade e o progreso das mulleres no medio rural, pola igualdade no traballo nas explotacións agrícolas e gandeiras e no resto de actividades industriais e de servizos do mundo rural; polo progreso para esta actividade socio económica, progreso para os lugares, vilas e aldeas; pola igualdade de oportunidades, pola igualdade de trato, pola igualdade frontre ós recursos públicos.

FADEMUR Galicia está composta por 64 asociacións de mulleres rurais de ámbito local, comarcal, provincial e autonómico. Tamén colaboramos con outras entidades de ámbito local como asociacións culturais, de pais e nais, de maiores, etc.  Á súa vez, FADEMUR Galicia está federada á Federación de Asociaciones de Mujeres Rurales (FADEMUR) estatal.

¡Igualdade e progreso para as mulleres rurais!

CONTACTO
•    Doutor Maceira nº 13 – Baixo
•    C.P. 15706 – Santiago de Compostela (A Coruña)
•    Teléfonos:  881 817 256 – 981 530 500
•    e-Mail: galicia@fademur.es

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio