FADEMUR PRESENTA UNHA GUÍA DE EMPREGO PARA A MULLER RURAL

Pontevedra.-5 de febreiro.- A Asociación de Mulleres Rurais de Galicia (FADEMUR-Galicia) presenta o proxecto ““Emprende: En femenino, en Cercanía e no rural”. Un programa que veu sendo desenvolto ao longo de 2020, e cuxo obxectivo é favorecer a dispoñibilidade de ferramentas para uqe as mulleres que viven no ámbiot rural poidan mellorar a súa posición económica, laboral e social.

Esta iniciativa, que foi posible grazas ao apoio de ENCE no marco do seu III Plan Social, pretende favorecer a incorporación das mulleres do ámbito rural de Galicia ao mercado de traballo, promover o espírito emprendedor e a actividade empresarial. O programa implicaba a realización de charlas de formación e motivación cara o emprendemento e valorización do sector forestal en cada unha das parroquias do Concello de Pontevedra, así como a impartición de dous cursos relacionados coas novas tecnoloxías. Sen embargo, dada a situación excepcional que provoca a pandemia da Covid 19 dende o pasado 14 de marzo e as restricións de mobilidade e concentración de persoas, tanto en exteriores como en locais pechados; así como a necesidade de incidir na prevención de contaxio das participantes (o perfil das destinatarias das accións programadas son mulleres ás que podemos considerar en situación de vulnerabilidade por razón de: idade, saúde, por ter que ocuparse das persoas maiores, e/ou enfermas e menores nos seus fogares); provocou que o programa non puidera realizarse de modo presencial.

Deste xeito, e para manter o obxectivo que deu vida a este proxecto, favorecer a incorporación das mulleres ao mercado de traballo, promovendo o desenvolvemento do espírito emprendedor e a actividade empresarial dentro do ámbito rural, sustituíronse as accións presenciais por materiais de apoio en outros formatos. Nesta liña, creouse un manual completo de fácil lectura e entendemento sobre o autoemprego e emprendemento.

As beneficiarias directas do manual creado baixo o patrocinio de ENCE foron as mulleres rurais, as entidades, asociacións e institucións dos Concellos de Pontevedra, Poio e Marín que solicitaron a edición física do manual.

O perfil das beneficiarias indirectas (aquelas ás que chegou o proxecto a través de medios dixitais, das redes sociais, páxina web e grupos de WhatsApp) foi máis variado; aínda que, todas se caracterizaron por estar interesadas no emprendemento feminino e, sobre todo, na alternativa do autoemprego fronte á contratación por conta allea.

Publicacións creadas 88

Artigos relacionados

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio