FADEMUR PRESENTA EN CALDAS DE REIS A LANZADEIRA DE EMPRENDEDORAS RURAIS RURALTIVITY

A Federación de Asociacións de Mulleres Rurais (FADEMUR) presentou este xoves en Caldas Ruraltivity; un programa de apoio ao emprendemento destinado a promover a posta en marcha de novos proxectos en contornas rurais.

 

Arredor dunha vintena de mulleres asistiron á presentación de Ruraltivity en Carracedo. Unha xornada importida pola técnica responsable do programa en Galicia, Tania Blanco; na que se explicaron os pormenores dunha lanzadeira pensada tanto para facilitar a creación dende cero de novos emprendementos como para acompañar e facilitar o desenvolvemento dos que xa están en marcha.

 

A lanzadeira de emprendedor@s rurais Ruraltivity é un programa financiado plo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 e pola Fundación PepsiCo; que impulsan de manera conxunta iniciativas de autoemprego co foco posto no emprendemento feminino.

 

Dotar de ferramentas ás mulleres rurais e promover tecido socioeconómico arredor dos pequenos núcleos de poboación é o obxectivo de Ruraltivity; unha lanzadeira centrada en axudar ás emprendedoras rurais a desenvolver os seus proxectos de negocio salvando as dificultades singulares que estas enfrontan.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Fademur lembra que todas as persoas en formar parte de Ruraltivity para recibir información e apoio poden poñerse en contacto coa Responsable Técnica do programa en Galicia; Tania Blanco, nos teléfonos: 981530500 ou 881973326; ou no correo electrónico galicia.ruraltivity@fademur.es

Publicacións creadas 123

Artigos relacionados

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio