FADEMUR na xornada “A violencia sexual”

O tratamento eficaz para a erradicación dos crimes sexuais ven sendo unha preocupación da comunidade internacional, tanto polos gobernos coma polos movementos a prol dos dereitos humanos e dos dereitos específicos das mulleres.

Rosa Arcos, Ana de Miguel
Ana de Miguel e Rosa Arcos presentando o acto

A violencia sexual sobre as mulleres afecta á capacidade das vítimas para tomaren unha decisión libre e auténtica que lles permita gozar, sen medos e sen atrancos, do dereito humano á integridade física e mental e mais a súa liberdade e autonomía sexual.

Enlace do encontro:  

Relatorios:

Miguel Lorente Acosta ( experto en violencia de xénero ) que falou da perspectiva técnico forense da violencia sexual.

Ana de Miguel Álvarez ( profesora de Filosofía da Moral e Política ) tratou estes aspectos centrándose nas sociedades formalmente igualitarias.

“A cultura da violación: do simbólico ao real” é o título do relatorio de Chis Oliveira (catedrática de Filosofía e coordinadora do Comando Igualdade), e de Amada Traba(profesora de Socioloxía da Educación). Ambas son autoras de “Ám@me. Pensar o amor no século XXI”.

Pola tarde, Daisy Alcalde Monteagudo (educadora, presidenta da asociación feminista O Soño de Lilith) analizou patróns de conduta da violencia sexual no ámbito cultural e dos medios de comunicación.

Ana Sanmartín López (representante da Asociación de Xornalistas Galegas) analizou patróns de conduta da violencia sexual no ámbito cultural e dos medios de comunicación.
Rosa Cobo( profesora de Socioloxía de Xénero) ofrecerá un relatorio sobre a prostitución e a violencia.

Ao rematar haberá un coloquio moderado por Carmen Cajide Hervés.

O peche chega da man das dúas coordinadoras, que elaborarán as conclusións finais desta cita.

Publicacións creadas 88

Artigos relacionados

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio