FADEMUR IMPARTE EN MUROS UN OBRADOIRO SOBRE “EMPRENDEMENTO RURAL E TRÁMITES DE PERSOAS AUTÓNOMAS”

A Federación de Asociacións de Mulleres Rurais (FADEMUR), impartiu este xoves na parroquia de Abelleira do municipio de Muros un obradoiro presencial sobre “Emprendemento Rural e Xestión de Trámites de Persoas Autónomas” dirixido a mulleres da zona. Unha iniciativa formativa enmarcada dentro do programa Ruraltivity,a lanzadeira de emprendedoras rurais de FADEMUR financiada polo Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030 e pola Fundación PepsiCo.

A Responsable Técnica do programa en Galicia, Tania Blanco, foi a encargada de impartir unha sesión na que se abordaron as posibilidades do emprendemento e do autoemprego no ámbito rural, principalmente para mulleres e persoas con risco de exclusión social. A xornada serviu tamén para aportar ás asistentes a orientación básica precisa para a realización dos principais trámites que unha traballadora autónoma debe enfrontar nos inicios da súa actividade profesional.

Ruraltivity constitúese como un pilar fundamental para o apoio ao emprendemento nos pequenos núcleos de poboación de todo o territorio estatal. Un programa pensado para aumentar a independencia das mulleres, impulsar o tecido socioeconómico e aportar posibilidades de emprego e de vida no medio rural; que traballa para aportar as ferramentas necesarias para fomentar o incremento de saídas profesionais das mulleres no rural de todo o país.

Todas aquelas persoas interesadas en inscribirse en Ruraltivity para recibir apoio e asesoramento acerca das súas ideas ou proxectos emprendedores, poden porse en contacto coa Responsable Técnica do programa en Galicia; Tania Blanco, nos teléfonos (981) 530500 / (881) 973326 ou a través docorreo electrónico galicia.ruraltivity@fademur.es