FADEMUR Galicia trasládalle á Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, a nosa preocupación polas consecuencias da crise do COVID-19 nas mulleres do noso rural

No día de onte (18 de maio 2020), mantivemos unha xuntanza por videoconferencia con Susana López Abella, Secretaria Xeral de Igualdade, na que abordamos a situación das mulleres do eido rural fronte á crise do COVID-19.

Pola nosa banda, amosamos a nosa preocupación por como a situación de confinamento á que está sometida a poboación está agravando as situacións de violencia de xénero que estaban a sufrir moitas mulleres, e que están aparecendo moitos novos casos. Pero tamén estamos constatando as novas dificultades para a denuncia por parte das vítimas, e para a axuda e intervención por parte das entidades e institucións, polo que debemos reforzar os medios para que cando o confinamento remate, podamos estar preparadas para atender ás demandas e necesidades das vítimas.

Outro dos aspectos que creemos necesario abordar con urxencia, é como afrontar a conciliación xa que, -ás cargas xa tradicionalmente asignadas as mulleres en canto aos coidados-, a día de hoxe temos que sumar as tarefas derivadas do peche das escolas, e da necesidade de atender ás crianzas na "formación a distancia" que de xeito tan desigual se ten improvisado no territorio, e nos distintos niveis de ensino.

O peche das escolas ata o mes de setembro, con toda a incertidume que temos de cómo será ese regreso ás aulas, ao que hai que sumar que moitos dos recursos de conciliación para este verán ou non van estar dispoñibles, ou van estar "mermados"… fan que o moitas familias, a día de hoxe, non teñan resoltas a súas necesidades de conciliación ante o regreso ao traballo. Nestas situacións, dende FADEMUR Galicia, somos moi conscientes de que son as mulleres, as que están en maior risco de verse afectadas na súa actividade profesional, polo instamos a Secretaria Xeral a que dende o conxunto do goberno se traballe pola posta en marcha de programas de apoio á conciliación que impidan o retroceso laboral das mulleres.

En canto aos sectores produtivos vinculados máis directamente ao rural, a agricultura e a gandería, amosamos a nosa preocupación polas dificultades que están a pasar as pequenas produtoras, aquelas que teñen pequenas empresas ou iniciativas de diversificación vinculadas á produción de alimentos e ao territorio, no senso de que é preciso facilitarlles un plan de apoio para que esas actividades que son tan necesarias para o territorio, para o emprego, e para o dinamismo económico do rural, non queden fora sexan esquecida e queden fora das axudas de emprendemento feminino. Neste senso, alegrámonos de que se este a estudar a compatibilidade do plan Emega coas axudas de "mínimis" e que por fin, as emprendedoras do sector primario podan tamén incorporar os seus proxectos a esta convocatoria.

Son moitos os retos que temos no rural, pero sen dúbida un dos máis grandes é que a igualdade entre homes e mulleres chegue realmente ao conxunto do territorio. Para elo debemos seguir traballando a prol das mulleres, apoiándoas nas súas demandas sociais, económicas. Ante unha crise de este dimensión, o rural, e a súas mulleres, no podemos quedar esquecidas.

Agradecemos a boa sintonía coas nosas demandas por parte da Secretaria Xeral e a súa disposición para que podamos seguirlle trasladando as nosas preocupacións, e tratar de buscar liñas de actuación e colaboración.

Publicacións creadas 123

Artigos relacionados

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio