Fademur-Galicia sensibiliza a 850 adolescentes contra a violencia machista

O programa Cultivando Igualdade, impulsado por Fademur en Galicia, Castilla La Mancha e Andalucía, formou a mocidade e mulleres en sensibilización e prevención

Santiago, 7 de maio de 2021- 850 adolescentes galegos (447 rapaces e 402 rapazas) participaron nos talleres para o fomento da igualdade e a sensibilización contra a violencia machista impulsados nos últimos meses por Fademur-Galicia en centros educativos da nosa Comunidade. Unha actividade integrada no programa Cultivando Igualdad que, ademais do traballo con persoas novas, permitiu tamén un achegamento desta grave problemática á sociedade a través de obradoiros de empoderamento, recoñecemento e prevención.

Un dos principais problemas que enfrontan as mulleres rurais vítimas de violencia machista é a dificultade para acceder a rescursos asistenciais e de prevención específicos. Unha realidade que plasmou o primeiro estudo de violencia de xénero no medio rural impulsado por Fademur en colaboración coa Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero. E á que a federación de asociacións de mulleres rurais ten querido dar resposta con este programa.

Ademais do traballo con mocidade en centros educativos, a iniciativa incluiu sesións de sensibilización que trataron de axudar ás posibles vítimas a identificar con claridade a violencia de xénero, previla e darlles ferramentas para seren quen de reaccionar ante ela. Uns obradoiros que elevan o alcance total do programa no territorio galego ata as 870 persoas.

As actividades desenvolvidas en Galicia enmárcanse dentro dun programa impulsado por Fademur que tamén se desenvolveu en Castilla La Mancha e Andalucía. E que, en total, ten permitido achegar a problemática das violencias machistas a 1.394 adolescentes; aos que hai que sumar as casi 300 (245 mulleres e 52 homes) que participaron nos seus 28 obradoiro;  e as 80 que realizaron o curso online de prevención de violencia de xénero.

Publicacións creadas 123

Artigos relacionados

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio