FADEMUR-GALICIA PIDE MAIS MEDIOS PARA MANTER AS ESCOLAS RURAIS

 

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2024.- A Federación de Mulleres Rurais de Galicia, FADEMUR, fai un chamamento a Xunta de Galicia, diante do vindeiro inicio do curso 2024/25, para que mellore a dotación de recursos humanos e materiais das escolas rurais galegas mediante políticas activas enfocadas a loita contra o despoboamento do interior de Galicia. Para a Federación de Mulleres Rurais o recente anuncio da modificación de ratios no agrupamento de rapaces no grado de Infantil e Primaria xunto coa infradotación de persoal de apoio para os nenos e nenas con necesidades espaciais esta a provocar unha merma na calidade da educación e unha discriminación respecto dos centros das cidades.

 

Este ano anunciase o peche de 6 centros rurais que se se suman os de anos anteriores o que suporá que as familias teñan que abandonar o medio rural pola falta de centros educativos. Desde FADEMUR lémbrase que a loita por manter abertos estes centros educativos debe enfocarse como prioritaria dada a crecente desertización demográfica que vai a provocar que nos próximos 10 anos desaparezan 30 concellos galegos por falta de veciños. Unha realidade que vai consolidar a perigosa tendencia de que menos de 1 millón, dos 2,7 millóns de residentes en Galicia, non vivan nas áreas funcionais das 7 grandes cidades. E que ademais, 7 dos 13 concellos de toda a Comunidade onde aínda hai máis nacementos que falecementos, se atopen salpicados so ao longo do trazado da autopista AP 9.

 

Para inverter esta tendencia FADEMUR propón poñer en marcha unha ensinanza rural moderna ben entendida e atendida, acorde aos parámetros que aplica o modelo nórdico: aberta, conectada co entorno pero tamén co mundo, capaz de fomentar o pensamento creativo, a experimentación e a capacidade emprendedora que despunta nos pobos fronte ás cidades. É necesario cambiar esta visión para que a infancia rural creza sabendo que as aldeas teñen futuro e, á vez, a urbana entenda e estableza unha relación positiva co rural.

A dotación infraestruturas tecnolóxicas resulta fundamental. Non podemos obrigar á sociedade rural a vivir nun mundo desconectado e analóxico. En Galicia, por exemplo, mais de 120.000 familias carecen de conexión. É más, nalgunhas comarcas de Ourense a de persoas sen acceso a internet supera o 65%, e isto anula todas as posibilidades de desenvolvemento formativo, profesional e persoal.

Verónica Arrojo, presidenta de FADEMUR-Galicia, Tel: 617 676 879