O difícil acceso a espazos seguros e recursos específicos de loita contra as violencias machistas é unha das dificultades que fan que o 72,9% das mulleres rurais que a padecen non denuncien. Ante esa carencia de servizos, reaccionamos! Como? Formando ao persoal técnico, ás xuntas directivas e entidades que conforman os GDRs da provincia de Lugo para que poidan actuar como axentes activos, realizar tarefas de prevención e prestar a atención e o asesoramento de calidade que as vítimas do machismo precisan.
Aquí o vídeo resumo das sesións formativas organizadas en colaboración coa Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.