Fademur coa “Noite será violeta”

Emerxencia Feminista convocou o pasado 20S unhas manifestacións nocturnas sincronizadas contra a violencia machista en varios lugares.

Nestas manifestación participou en todo momento as nosas compañeiras de Fademur

O verán de 2019, será recordado como un verán negro. Os telexornais énchense de asasinatos machistas, os seus titulares din que aparecemos mortas, non señores, estannos asasinando. O pasado mes de xullo, cada dous días, unha muller foi asasinada.
Isto xa non é unha alerta, declaramos a emerxencia feminista. Pais que asasinan aos seu fillos e fillas para causar o maior dos sufrimentos. Pederastia, trata, desaparicións, asasinatos, chantaxes, extorsión, ameazas, acoso, agresións, abusos, manadas, violacións están á orde do día. Unha xustiza que non é xusta, poñendo en dúbida a declaración das vítimas. Sentencias sen sentido que nos manda a mensaxe alta e clara de que “o teu corpo non te pertence, a túa vida non te pertence”.
E seguimos, seguimos como si se puidese continuar. Seguimos porque están acostumados á nosa xustiza, están acostumados á violencia, están acostumados a tratarnos coma cidadáns de segunda, acostumados aos nosos corpos sen vida. Para vos “estas cousas pasan e pasaron sempre”. Seguimos neste estado de guerra inadmisible nun estado democrático.
Non hai tempo, paremos o mundo, non se pode seguir normalizando esta situación, non se pode seguir condenando ás mulleres a convivir co terrorismo machista. Un terror que se mete en ada recuncho do noso día a día, coa dúbida constante de quen será a seguinte.
Fáltannos as máis de mil mulleres asasinadas dende o 2003, fáltannos todas as que non foron contadas, todas as que xa non están. So no mes de xullo 13 mulleres e unha menor foron asasinadas.
Basta de mirar cara outro lado, da falta de compromiso, dos erros que se permiten. Esiximos responsabilidade e maior compromiso de a tódalas institucións do noso Estado de Dereito.
Por todo o anterior apoiamos á campaña #EmerxenciaFeminista, convocada polas organizacións feministas en todo o estado, e animamos a tódalas entidades a convocar actos para iluminar de violeta a noite do 20 de setembro, cada vila, cada Concello… e a reclamar o apoio institucional as accións que se promovan dende o feminismo, como mostra do compromiso na loita contra as violencias machistas, solicitando o pronunciamento público das corporacións contra os asasinatos machistas e contra toda forma de violencia contra as mulleres.

Publicacións creadas 88

Artigos relacionados

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio