Desde FADEMUR Galicia, en colaboración con ENCE, presentamos o programa “Emprendimiento sosteNible: Compartiendo Experiencias”. Un proxecto creado coa intención de visibilizar casos de éxito ligados ao emprendemento feminino rural que nos permitan potenciar e impulsar o autoemprego no rural galego.
Coñece ás protagonistas do emprendemento rural sostible e, por que non? convértete nunha delas!
Coñeceremos ás protagonistas detrás de distintos proxectos empresariais impulsados dende o rural galego. Pequenas empresas que teñen sabido superar dificultades e crear oportunidades de desenvolvemento socioeconómico alén das cidades e dos núcleos urbanos máis grandes. Emprendedoras sen medo aos retos como…