Servizo Integral a Mulleres do Rural en situación de vulnerabilidade
Son moitas as necesidades sociais que teñen as mulleres que viven na zonas menos poboadas do noso rural, polo que a través de este programa se achegan recursos e actuacións que poidan axudar a que, nos lugares onde se realicen, teñan á súa disposición profesionais que as podan axudar e actividades deseñadas especificamente para levar a cabo no seu entorno
As actividades e actuacións dirixidas as mulleres en situación de vulnerabilidade que viven no eido rural, especialmente nas zonas pouco poboadas (ZZP), lévanse a cabo de maneira ininterrompida ao longo de todo o ano (12 meses), a través de atención personalizada con persoal cualificado:
- servizo de información e orientación sobre recursos relacionados con: violencia de xénero, emprego, prestacións, axudas e subvencións.
- servizo de alfabetización de mulleres maiores. Formación con persoal cualificado en habilidades lectoras, matemáticas, escritas… E alfabetización dixital básica (internet, correo electrónico, dispositivos móbiles).
- rede de socialización de mulleres maiores. Sesións en grupos reducidos de 4 ou 5 mulleres presenciais ou telemáticas, dunha hora de duración. Conducidos por persoal cualificado, talleres didácticos sobre habilidades sociais.